Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

A secretaria xeral de CCOO intervén no Consello Confederal sobre a sinistralidade laboral e a redución de xornada

    A secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia, Amelia Pérez, participa este xoves no Consello Confederal de CCOO, o máximo órgano do sindicato entre congresos.

    12/09/2024.
    Intervención de Amelia Pérez no Consello Confederal de CCOO

    Intervención de Amelia Pérez no Consello Confederal de CCOO

    Precisamente, nesta xuntanza aprobarase a proposta de relatorio e de estatutos para o 13.º Congreso Confederal, que terá lugar no 2025, e onde a participación da afiliación será fundamental para construír máis e mellor sindicato.

    Na súa intervención, Amelia Pérez abordou os matices propios do financiamento autonómico e debullou distintos aspectos do contexto social galego e español, como a acollida de persoas migrantes e os discursos antiinmigración.

    Así mesmo, a secretaria xeral referiuse á pelexa pola redución de xornada, unha medida necesaria para mellorar as condicións de millóns de persoas traballadoras. Tamén neste sentido, clamou pola «gravísima situación» canto á sinistralidade laboral.