Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

Traballar menos para traballar mellor. Pola redución da xornada sen redución do salario

    CCOO e UGT convocan mobilizacións este mes de setembro para forzaren a patronal a «presentar dunha vez» propostas para a redución da xornada laboral. O sindicato defende unha xornada máxima legal de 38,5 horas en 2024 e de 37,5 en 2025.

    17/09/2024.
    Pola redución do tempo de traballo

    Pola redución do tempo de traballo

    Para CCOO, é o momento de ir cara a unha redución do tempo de traballo por lei: as empresas contan con marxes que non pararon de crecer mentres que os soldos non o fan ao mesmo ritmo. Ademais, é unha boa forma de inducir unha produtividade sa a longo prazo.

    Galicia e España deben decidir que camiño elixen para que as empresas sexan rendibles e ha pasar por bos salarios e xornadas laborais máis reducidas, ao tempo que se inviste en formación, en tecnoloxía e dixitalización.

    CCOO, que se mobilizará xunto a UGT, lembra que hai máis de corenta anos que se instaurou a xornada laboral máxima de 40 horas semanais, polo que «xa vai sendo hora» de reducila.