Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 9 Outubro 2024.

Amelia Pérez: «Reducir a xornada laboral é factible, non hai razóns obxectivas para opoñerse»

    A secretaria xeral de CCOO de Galicia foi entrevistada na Cadena SER con motivo das mobilizacións convocadas esta semana para esixirlle á patronal un acordo a prol da redución da xornada laboral ás 37,5 horas semanais. Segundo explicou Amelia Pérez, esta redución «é factible, non hai razóns obxectivas para opoñerse».

    27/09/2024.

    URL | Código para insertar

    Amelia Pérez Álvarez, secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

    Amelia Pérez Álvarez, secretaria xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

    Na entrevista, criticou a «resistencia forte» por parte da patronal, que relacionou coa oposición que amosa a CEOE «cada vez que falamos de avanzar» en mellora de dereitos. Esta negativa, subliñou, «non ten ningunha razón de ser», especialmente tendo en conta que a última redución se produciu hai corenta anos.

    Amelia Pérez defendeu os beneficios que terá reducir a xornada laboral en aspectos como a conciliación e a igualdade, a mellora da saúde física e mental e incluso medioambiental, ao favorecer que haxa menos desprazamentos e contaminación.

    «Hai unha demostración empírica: as empresas que probaron a redución de xornada concluíron que había maior produtividade», aseverou a secretaria xeral de CCOO, ao tempo que criticou a mentalidade do presentismo que, se ben «non está xeneralizada», aínda existe en moitas empresas.

    Audios asociados

    Entrevista a Amelia Pérez na Cadena SER sobre a redución de xornada laboral (26-9-2024)