Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 4 Decembro 2024.

A sanidade privada de Pontevedra segue reclamando un convenio digno

    O sector da sanidade privada da provincia de Pontevedra retomou as mobilizacións o mércores, 27 de setembro. Denuncian que, despois de 16 reunións, as negociacións do convenio seguen case sen avances.

    27/11/2024.
    Concentración por un convenio digno na sanidade privada ás portas de Vithas Fátima (27/11/2024)

    Concentración por un convenio digno na sanidade privada ás portas de Vithas Fátima (27/11/2024)

    Os sindicatos CCOO, UGT, CIG e CSIF reclaman unha redución da xornada anual, incrementos salariais e un complemento polo traballo en domingos e festivos, cuestións que a patronal se nega a atender.

    As empresas «unicamente parecen interesadas en propor un rexime sancionador, aumentar a distribución irregular da xornada e seguir apostando pola polivalencia para determinadas categorías», sinalan.

    Hoxe houbo concentracións diante do Hospital Vithas Fátima de Vigo —na fotografía— e no Centro Médico Concheiro. Se nada muda, o vindeiro mércores, 4 de decembro, haberá unha manifestación en Vigo que partirá ás 20 h do cruzamento da Vía Norte con Urzáiz.