Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Xaneiro 2025.

CCOO logra que a Xustiza lle recoñeza un plus ao persoal do servizo de limpeza urxente de Urbaser en Santiago

    A Federación do Hábitat de CCOO informa dunha importante sentenza que os servizos xurídicos do sindicato acaban de gañar contra a empresa Urbaser en Santiago de Compostela. O Xulgado do Social n.º 1 da cidade deulle a razón e determina que o persoal do servizo de limpeza urxente (Serlusa) ten dereito a cobrar o plus de especialidade ou condución, consonte o artigo 23 do convenio colectivo.

    18/12/2024.
    Esta sentenza recoñece un plus recollido no convenio colectivo

    Esta sentenza recoñece un plus recollido no convenio colectivo

    O tribunal declarou que todas as persoas traballadoras que realicen funcións de condución ou manexo de vehículos ou maquinaria, para as que sexa necesario contar co carné ou permiso correspondente, teñen dereito a recibir o plus de condución nas mesmas condicións que aquel persoal cuxas funcións sexan as de condutor ou maquinista.

    A sentenza tamén establece que este persoal deben percibir o plus na súa contía íntegra se desempeñan tales funcións de xeito permanente, e de forma proporcional ao tempo traballado se se trata de tarefas ocasionais.

    Ademais, o Xulgado obriga a Urbaser a aboarlle a este colectivo o plus de condución con efectos retroactivos ao momento de interposición da papeleta de conciliación, hai xa un ano, así como os xuros legais.