Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2025.

CCOO denuncia que a CEG e a Xunta culpan de forma interesada aos traballadoras e á sanidade pública polo elevado absentismo laboral en Galicia.

    Os datos de sinistralidade e as denuncias por incumprimento das normas de prevención no ámbito laboral dos últimos anos, nos sitúan na pista para saber onde está un dos motivos do elevado absentismo. No que vai de ano levamos 45 accidentes mortais en Galicia, un 14% máis que no 2023, e 307 accidentes graves, un 15% máis que no 2023.

    21/12/2024.
    Absentismo laboral

    Absentismo laboral

    Dun tempo para acó é xa costume que a patronal Galega e a Xunta de Galicia expresen publicamente a súa preocupación polos elevados niveis de absentismo que se veñen dando no territorio Galego, preocupación que non é exclusivamente súa, a CCOO tamén nos preocupa e moito.

    Pero á hora de buscar as causas e posibles solucións é onde existen insalvables discrepancias. A patronal e Xunta apuntan ás traballadoras e traballadores galegos directamente, deixando como colaboradores necesarios a quen emite as baixas, sementando a dúbida e poñendo en cuestión a profesionalidade dos nosos médicos, difundindo a trola que o 40% dos procesos de IT son unha fraude, dando a entender que o traballador finxe unha doenza e engana ao seu médico de referencia. 

    Unha campaña continuada no tempo e planificada porque desacredítando á sanidade pública, ponse en valor a xestión das mutuas e a sanidade privada en xeral, o negocio. Pero aínda quérese ir máis ala, co control sanitario en mans da patronal exercese control e presión sobre a persoa que traballa para que o seu tempo de convalecencia sexa mínimo ou parcial, pretendendo a incorporación sen rematar a atención ou dando por feito que pódese curar e traballar ao mesmo tempo. Unha falacia interesada, o servizo privado e mellor ao publico.

    O argumentario patronal e empresarial o desmontan os datos e as evidencias. O principal problema comeza na empresa, con altos ritmos de traballo, sobrecarga de tarefas, a falta de recoñecemento nas retribucións e dereitos, a presión á que se traslada ao traballador sobre a produtividade e viabilidade da empresa, a inestabilidade no emprego, a falta de prevención de riscos laborais e equipos de protección individual e a precariedade en xeral.

    O Goberno da Xunta de Galicia, por omisión ou acción tamén ten a súa responsabilidade, limitada inspección medica e laboral, tratamento de accidentes laborais ou enfermidades profesionais na sanidade publica, ou listas de espera de meses que provocan o agravamento das enfermidades e polo tanto da súa curación. 

    Desde CCOO temos claro que para resolver este problema teñen que producirse cambios normativos importantes no que respecta á lei prevención de riscos laborais, así como tamén debe reforzarse o servizo de inspección de traballo dotándoa de máis medios económicos e recursos humanos, para que esas empresas que non cumpren coa normativa sexan sancionadas de forma exemplar e resúltelles mais vantaxoso investir en prevención antes que facer fronte ás sancións económicas por diferentes incumprimentos.