Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 20 Xaneiro 2025.

UN ANO QUE SE VAI E OUTRO QUE ENTRA, MAIS O COMPROMISO DE CCOO COA CLASE OBREIRA MANTENSE

Unha historia de compromiso coa xente traballadora e co país. Un 2024 atravesado por multitude de acontecementos que seguen mudando os marcos do mundo tal e como o coñecemos

    31/12/2024.

    URL | Código para insertar

    Deixamos atrás un ano de emocións, de loita, de compromiso. Na rúa, nos centros de traballo, nas mesas de negociación, defendendo mellores condicións de vida, servizos públicos de calidade, dereitos laborais e sociais.

    Neste emotivo vídeo queremos recoñecer o principal valor desta organización, que é a súa xente, a súa afiliación. En palabras da secretaria xeral de CCOO de Galicia, Amelia Pérez: «Unha xanela que se pecha e outra que se abre. Un 2024 atravesado por multitude de acontecementos que seguen mudando os marcos do mundo tal e como o coñecemos e un 2024 en que CCOO seguiu traballando e loitando para mellorar a vida da clase obreira».

    O vídeo é unha pequena mostra das persoas que participan acotío na defensa do dereito laboral e social, e que xunta os miles de afiliados e afiliadas, militantes e cidadanía en xeral, son as verdadeiras responsables de que CCOO de GALICIA siga loitando por mellorar a vida das persoas, en especial das máis vulnerables, precarizadas, discriminadas e perseguidas. 

    CCOO de Galicia reitera para este ano 2025 o seu compromiso e a súa loita para alcanzar a completa igualdade de todas as persoas que viven e traballan en Galicia, rexeitando calquera tipo de discriminación por razón de orixe, e reafirma a plena solidariedade dos intereses do pobo de Galicia cos outros pobos.

    Unha xanela que se pecha e outra que se abre. UN ANO DE GRANDES RETOS E DE DIFICULTADES, POLOS QUE LOITAREMOS COA NOSA XENTE, A QUE NON CABE EN CINCO MINUTOS DE VÍDEO, Dende o Sindicato Nacional das CCOO de Galicia desexámoche un feliz 2025 cheo de MÁIS E MELLOR ORGANIZACIÓN DE CLASE, MÁIS E MELLOR SINDICALISMO, MÁIS E MELLOR CCOO

    VIVAN AS COMISIÓNS OBREIRAS!

    VIVA A CLASE OBREIRA!