Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Febreiro 2025.

O persoal de Alcoa retoma as protestas e pide a intervención pública se non chegan solucións

    O sábado, 11 de xaneiro, o persoal de Alcoa retomou as mobilizacións. Foi cunha concentración ese serán na praza do Concello de Xove. Alí reclamaron a «implicación» da Xunta de Galicia e do Goberno de España para procurar unha solución.

    13/01/2025.
    Concentración do persoal de Alcoa na praza do Concello de Xove, entre mensaxes alusivas á SEPI

    Concentración do persoal de Alcoa na praza do Concello de Xove, entre mensaxes alusivas á SEPI

    Entre mensaxes e lemas alusivos á Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI), esixiron que, de non se atopar unha solución aos problemas da empresa, se faga unha intervención pública.

    Os traballadores e traballadoras seguirán mobilizándose e protestando mentres segue pendente a mesa de seguimento do pacto da planta en San Cibrao (Cervo), suspendida polo Goberno malia estar prevista para o pasado 9 de decembro.

    «Temos un problema moi grave. O Goberno non dá signos de vida, non di nada», criticou o presidente do comité de empresa, José Antonio Zan (CCOO), ao tempo que reprochou o incumprimento por parte de Alcoa dos compromisos asinados.