Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Febreiro 2025.

CCOO denuncia despedimentos inxustificados e cargas de traballo excesivas na franquía Eroski de Ponteceso

    CCOO-Servizos convocou este martes, 14 de xaneiro, unha concentración para protestar pola situación laboral en JOALPER, franquía de Eroski en Ponteceso.

    14/01/2025.
    Concentración diante da franquía de Eroski en Ponteceso (14/1/2025)

    Concentración diante da franquía de Eroski en Ponteceso (14/1/2025)

    CCOO denuncia os despedimentos «inxustificados» que a empresa vén realizando nos últimos meses. Estes despedimentos «agravan a situación de sobrecarga de traballo» que sofren os traballadores e traballadoras desde hai meses, «debido principalmente á escaseza de persoal». 

    Con esta concentración, o sindicato rexeita «a explotación laboral existente en JOALPER e esixe que se poña remedio inmediato á sobrecarga de traballo que deteriora a saúde das persoas traballadoras e que poñan fin aos despedimentos inxustificados».