Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2025.

CCOO organizou en Santiago unha xornada informativa sobre o radon

    A Secretaría de Saúde Laboral de CCOO organizou este luns unha xornada informativa en Santiago de Compostela sobre a problemática do radon e o seu impacto na saúde laboral. A esta sesión acudiron corenta delegados e delegadas sindicais da comarca de Santiago-Barbanza.

    27/01/2025.
    Xornada informativa en Santiago sobre o gas radon e o seu impacto na saúde laboral

    Xornada informativa en Santiago sobre o gas radon e o seu impacto na saúde laboral

    A xornada, a cargo do secretario de Saúde Laboral de CCOO, Armando Iglesias, e da técnica Manuela Caneda (do Gabinete de Saúde Laboral do sindicato), desenvolveu distintos aspectos dos problemas de saúde asociados ao radon.

    Subliñouse que este gas é causa uns 1500 falecementos anuais en todo o Estado, sendo Galicia —e especialmente a provincia de Ourense— a comunidade autónoma con maior presenza deste elemento daniño para a saúde.

    O obxectivo de xornadas como esta é actualizar a información e mellorar a formación das delegadas e delegados para unha mellor protección da saúde das persoas traballadoras e impulsar medidas preventivas nas empresas.