Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Febreiro 2025.

CCOO esixe responsabilidade e compromiso para aprobar o RDL que protexe dereitos sociais esenciais

    Na fin de semana, centos de persoas en Galicia e milleiros en toda España saíron ás rúas nas concentracións convocadas baixoo lema «Cos dereitos da xente non se xoga». Convocadas por CCOO e UGT, denunciaron que se faga un xogo político á conta das condicións de vida das persoas, especialmente as máis vulnerables.

    04/02/2025.
    Mobilizacións en Galicia en defensa das medidas sociais (2/2/2025)

    Mobilizacións en Galicia en defensa das medidas sociais (2/2/2025)

    CCOO esíxelles responsabilidade e compromiso aos grupos do Congreso dos Deputados para que aproben sen demora o novo Real Decreto Lei que protexe dereitos sociais esenciais. Para o sindicato, é moi preocupante que a cidadanía perciba, cada vez máis, que existe unha separación entre os intereses da xente, das maiorías sociais e os intereses do ámbito político e institucional.

    CCOO rexeita o uso oportunista dos dereitos sociais por parte dalgúns partidos —nomeadamente PP, Vox e Junts—, pondo en risco as pensións e outras medidas de carácter social.

    As concentracións da fin de semana foron a reacción sindical ao rexeitamento no Congreso dos Deputados da chamada Lei ómnibus, que contiña medidas clave como a revalorización das pensións, axudas ao transporte público, apoio ás persoas afectadas pola DINA e a paralización de desafiuzamentos para familias vulnerables.