Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Marzo 2025.

O IV Congreso da Federación de Servizos Galicia reelixiu por unanimidade a Iván Cordeiro como secretario xeral

    O IV Congreso da Federación de Servizos Galicia reelixiu por unanimidade a Iván Cordeiro como secretario xeral. Nesta nova esta etapa «ábrese un período de retos, pero tamén de firme compromiso coa defensa dos dereitos laborais en Galicia, especialmente nos sectores do comercio, hostalaría, sector financeiro, servizos técnicos e centros de chamadas», destacan desde a federación.

    26/02/2025.
    Iván Cordeiro, canda o seu novo equipo

    Iván Cordeiro, canda o seu novo equipo

    A situación laboral en Galicia no ámbito dos servizos segue a ser preocupante: baixos salarios, inestabilidade laboral, excesiva temporalidade e condicións de traballo precarias. Desde a Federación de Servizos, reafirmouse o «compromiso» para loigar pola suba salarial, estabilidade no emprego e condicións de traballo dignas para todos os sectores representados.

    O novo equipo liderado por Iván Cordeiro aposta por «fortalecer a acción sindical» en Galicia, traballando en «propostas concretas para mellorar a situación laboral» e impulsar acordos «que garantan dereitos básicos para os traballadores e traballadoras».

    Nova Comisión Executiva

    — Iván Cordeiro Fernández Noriega: Secretaría Xeral

    — Rocío González Blanco: Secretaría de Organización

    — Juan Zas Candame: Secretaría de Acción Sindical

    — Arturo Cruzado Gómez: Secretaría de Finanzas

    — Isabel Fernández Rodríguez: Secretaría de Desenvolvemento Federativo

    — Ignacio Castro Goas: Secretaría de Comunicación

    — Ángela Junco del Río: Secretaría de Igualdade

    — Jorge Carneiro Penedo: vogal

    — Guadalupe Couñago Extremadouro: vogal