Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2025.

CCOO participou en Previsel cunha charla sobre a silicose no ámbito laboral

    Os días 12 e 13 de marzo tivo lugar en Ourense o 18.º Salón da Prevención e Seguridade Laboral de Galicia (Previsel), un evento clave para abordar os retos en materia de saúde e seguridade no traballo.

    14/03/2025.
    De esq. a der., Dorinda González, Manuela Caneda e Armando Iglesias

    De esq. a der., Dorinda González, Manuela Caneda e Armando Iglesias

    CCOO participou cunha charla centrada no impacto da silicose no ámbito laboral. Trátase dunha doenza pulmonar grave causada pola inhalación prolongada de po de sílice, un material presente en sectores como a minaría, a construción e a cantería. A exposición continuada pode provocar danos irreversibles nos pulmóns, e afecta especialmente a traballadores que manexan este tipo de materiais sen as medidas de protección adecuadas.

    Precisamente, a provincia de Ourense, con gran presenza de canteiras, é un territorio onde a enfermidade ten unha incidencia máis elevada, razón pola que se lle dedicou especial mención durante a charla.

    A sesión correu a cargo de Manuela Caneda, técnica de Saúde Laboral de CCOO de Galicia. Estivo acompañada por Armando Iglesias, secretario de Saúde Laboral de CCOO de Galicia, e Dorinda González, secretaria xeral de CCOO de Ourense.