Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 14 Xuño 2025.

23 de marzo

Día da conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade na asunción de responsabilidades familiares

    Xa pasaron seis anos desde o establecemento en España deste día, cuxa finalidade é que a sociedade tome conciencia da importancia da conciliación e a corresponsabilidade para a calidade de vida de todas as persoas.

    17/03/2025.
    O 23 de marzo é o Día da conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade

    O 23 de marzo é o Día da conciliación da vida persoal, familiar e laboral e a corresponsabilidade

    A fenda nos coidados explica unha moi elevada porcentaxe da fenda salarial e no mercado de traballo galego entre mulleres e homes. Esta data amplía e visibiliza a nosa reivindicación en prol da igualdade entre os sexos, como legado e promesa democrática que é. 

    As CCOO incorporamos hai anos a conciliación na nosa loita, desenvolvendo un compromiso a través da negociación colectiva, pero tamén instando as Administracións a que avancen máis na materia mediante a nosa proposta dun pacto estatal integral polos coidados. Pero falar de conciliación debe ser sinónimo de falar de corresponsabilidade, pois sen ela non se alcanzarán os cambios necesarios para unha igualdade laboral e vital efectiva. 

    Así, a finalidade da corresponsabilidade é que se naturalice no imaxinario colectivo laboral a necesidade de traballadoras e traballadores de acollerse de maneira igualitaria aos dereitos de conciliación recoñecidos para todas as persoas traballadoras, evitando toda discriminación baseada no seu exercicio, pois o seu obxectivo é fomentar a asunción equilibrada das responsabilidades familiares.

    A necesaria aplicación da perspectiva de xénero na negociación colectiva 

    A perspectiva de xénero cuestiona os estereotipos con que se nos educa, abrindo a posibilidade de elaborar novos contidos de socialización e relación entre os seres humanos. A súa aplicación corrixirá parte dos desequilibrios que existen entre mulleres e homes. CCOO empregaraa como ferramenta na negociación colectiva, onde temos potestade para mellorar as cousas. 

    Os piares sobre os se sosteñen as desigualdades máis patentes son a ausencia de corresponsabilidade na conciliación da vida persoal, familiar e laboral e mais a fenda salarial, por iso temos que pelexalos coa redistribución equitativa das actividades entre os sexos.


    Podes consultar este documento completo na ligazón anexa a esta nota informativa ou premendo aquí.