Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 26 Abril 2025.

Joaquín García foi reelixido secretario xeral da Unión Intercomarcal Santiago-Barbanza de CCOO

    No 5.º Congreso da Unión Intercomarcal de Santiago-Barbanza, Joaquín García Gutiérrez foi reelixido secretario xeral.

    19/03/2025.
    Nova Comisión Executiva Comarcal de CCOO de Santiago-Barbanza

    Nova Comisión Executiva Comarcal de CCOO de Santiago-Barbanza

    Joaquín García está á fronte da estrutura territorial desde o ano 2021. Continúa acompañado pola meirande parte do equipo dos últimos catro anos.

    A nova Comisión Executiva estará integrada, ademais de por Joaquín García, por Rosario Regueiro Rey, José Francisco Mirás Pérez, Eduardo José Brión Dorca, Ana María Riveiro Currais e María del Mar Blanco Gómez, que xa formaban parte, e as novas incorporacións Mónica Vázquez Illodo, Isaac Vidal Otero e María del Mar González Barreiro.