Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 14 Xullo 2026.

CCOO logra un resultado histórico nas eleccións sindicais do Concello de Lalín

    Con este proceso remata o ciclo do sector da Administración Local de CCOO Pontevedra/Deza, alcanzando o sindicato un total de 77 delegados, 25 a CIG e 23 a UGT.

    27/04/2025.
    Eleccións sindicais do Concello de Lalín

    Eleccións sindicais do Concello de Lalín

    O pasado xoves, tiveron lugar as eleccions sindicais do persoal funcionario e laboral do concello de Lalín. Correspondía elexir unha Xunta de Persoal de 5 membros e un Comité de Empresa de 9 membros.

    • Na Xunta de Persoal CC.OO. logrou 4 representantes e a CIG 1.
    • No Comité de Empresa CC.OO. obtivo 8 e a CIG 1.

    Do total de 14 representantes CCOO consigueu 12 e a CIG 2.

    Nas anteriores eleccions sindicais CCOO obtivera 5 representantes, a CIG 4 e 3 unha candidatura Independente. Con respecto a ditas eleccions CCOO incrementa a sua representación en 7 delegados, a CIG perde 2 e os independentes non concurriron ás eleccions.

    O sindicato considera que os resultados obtidos correspóndense co traballo desenvolvido no anterior período, no que por primeira vez se negociou e aprobou o Acordo Regulador para o persoal funcionario e o Convenio Colectivo para o persoal laboral, se realizou a estabilización da ampla maioría do persoal laboral, e se aprobou inicialmente unha nova Relación de Postos de Traballo. Precisamente a aprobación definitiva da RPT é a tarefa prioritaria da nova representación de CCOO no concello de Lalín.

    O Sindicato Comarcal de de Servizos á Cidadanía e a Unión Comarcal de CCOO de Pontevedra, congratúlase do resultado acadado e felicita o bo traballo feito ao tempo que anima as compañeiras e compañeiros elixidas a continuaren traballando na mesma dirección «para consolidar e aumentar a presencia do sindicato na comarca do Deza»

    Remata o ciclo do sector da Administración Local de Pontevedra/Deza,

    Coas eleccions sindicais no concello de Lalín rematase o ciclo do sector da Administración Local de Pontevedra/Deza, alcanzando CCOO un total de 77 delegados, 25 a CIG e 23 a UGT, superando así ampliamente a ámbolos dous sindicatos e conseguindo un apoio moi maioritario neste sector.