Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 14 Maio 2025.

CCOO esixe a BANDALUX (Moraña) que pague sin máis dilacións os atrasos do convenio do sector do téxtil.

    A empresa considera que pode facer o que lle da gana aproveitándose dunha lexislación laboral, que nestas situacións favorece aos empresarios.

    02/05/2025.
    Representación de las personas que trabajan en Bandalux (Moraña)

    Representación de las personas que trabajan en Bandalux (Moraña)

    O Convenio da Industria Téxtil e da Confección establece que as empresas están obrigadas a pagar os atrasos de todo o ano 2024 o día 30 de abril deste ano, e os atrasos do ano 2025 o dia 30 de xuño, con independencia de cando se publique o Convenio Colectivo no BOE, que será cando entre en vigor a totalidade do Convenio.

    As traballadoras de Bandalux están a cobrar o salario do ano 2023, e aínda así a empresa negase a pagar os atrasos dicindo que a empresa non pertence a ningunha asociación da patronal e que non está obrigada ata a publicación do Convenio no BOE.

    CC.OO. consideramos que a negativa da empresa a pagar os atrasos supón por un lado un nivel de usura difícil de igualar, e polo outro unha falta de respeto e consideración hacia a totalidade do plantel, quen ten un dereito que establece o acordo asinado pola patronal. 

    A empresa decidiu manter nas súas contas bancarias unha cantidade importante de diñeiro que lle produce rendabilidade, apropiándose indebidamente duns atrasos que dende o 30 de abril tiñan que estar en poder das traballadoras.

    Con este tipo de empresarios, os irmáns Emiliano e Casián Garcia, que inventan desculpas de mal pagador, demostran que non teñen ningún reparo en incumprir con tal de mellorar o seu peto, e ademais consideran que poden facer o que lles de a gana aproveitándose dunha lexislación laboral, que nestas situacións favorece aos empresarios.

    Sen ser ningún modelo a imitar, a patronal do Sector do Téxtil asinou un acordo, condicionada pola convocatoria de folga que fixemos dende CC.OO., e que non contaba co apoio nin da UGT nin da CIG, pero a actitude miserable dos patróns de Bandalux resulta absolutamente depreciable, e por iso dende CC.OO. imos a combatela porque Bandalux ten traballadores con dereitos e non esclavos como pensan os seus propietarios.