Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 15 Xuño 2025.

Comisións Obreiras celebra en Santiago o seu 13.º Congreso Nacional baixo o lema «Avanzamos CCOO cambio»

    Os días 15 e 16 de maio, Santiago de Compostela acollerá o 13.º Congreso Nacional de Comisións Obreiras de Galicia, que terá lugar baixo o lema «Avanzamos CCOO cambio». Durante estas dúas xornadas, 150 delegados e delegadas farán balance do traballo do último mandato e decidirán as liñas de actuación para os vindeiros anos, ademais de elixir a nova dirección do sindicato.

    14/05/2025.
    13.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia

    13.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia

    Desenvolvemento

    A inauguración está prevista para o xoves ás 10 h, nun acto en que darán un saúdo diferentes representantes institucionais, como o conselleiro de Emprego, o delegado do Goberno, a presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais ou a primeira tenenta de alcaldesa de Santiago.

    Pola súa parte, a clausura está prevista para o venres, a partir das 14 horas, co anuncio da nova dirección do sindicato, a intervención do representante da Confederación Sindical de CCOO e a da persoa electa para a Secretaría Xeral.

    Retransmisión

    — A apertura do Congreso, aproximadamente das 10 ás 11:30 horas, retransmitirase na seguinte ligazón: https://www.ccoo.gal/13congresodia1.

    — O acto de clausura do Congreso, aproximadamente das 14 ás 15 horas, retransmitirase na seguinte ligazón: https://www.ccoo.gal/13congresodia2.