Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 15 Xuño 2025.

CCOO coida «unha mala nova a sentenza sobre o complemento de maternidade nas pensións e avanza que responderá

    O Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) vén de sentenciar que o complemento por fillos/as nas pensións, coñecido como complemento á redución da fenda de xénero, segue discriminando os homes. A resolución afecta á bonificación establecida no 2021 que incrementa en 35,9 euros mensuais por fillo —ata un máximo de catro— as prestacións contributivas de viuvez, xubilación e incapacidade permanente.

    16/05/2025.

    URL | C�digo para insertar

    Durante o 13.º Congreso Nacional de CCOO de Galicia, que se celebra esta semana, o secretario confederal de Política Social de CCOO, Carlos Bravo, advertiu de que esta decisión xudicial supón «unha mala noticia» e comprometeuse a traballar desde xa nunha resposta sindical.

    «Un complemento que se creou no 2021, precisamente como consecuencia dunha sentenza tamén do propio Tribunal, permitiu que, a día de hoxe, case 900.000 mulleres estean percibindo unha pensión mellorada en función do número de fillos que tiveron», subliñou Bravo.

    A xuízo do sindicalista o fallo do TXUE «pon en cuestión novamente, e con menos argumentos, a mellora das prestacións para reducir a fenda en pensións». Lembrou que o deseño do complemento tentaba adaptarse a unha directiva comunitaria de 1979 que «seguramente sexa a orixe do problema e que precisa revisión, xa que non prevé medidas de discriminación positiva de maneira clara».

    CCOO levarao o luns ao diálogo social

    CCOO levará este asunto á mesa do diálogo social convocada para o vindeiro luns. Segundo avanzou Bravo, «un tema prioritario» para o sindicato, que procurará adaptar a lexislación española á sentenza europea «sen reducir a ningunha das medidas adoptadas no ámbito do diálogo e concertación social» e mantendo o obxectivo central de redución da fenda de xénero.