Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 14 Xuño 2025.

O persoal que traballa no comercio de alimentación da provincia de Ourense vai de novo á folga

    Tras a celebración dunha folga histórica o pasado 16 de maio no sector da alimentación de Ourense, cun seguimento superior ao 90 %, convocaron outros 2 días de folga para os días 6 e 7 de xuño.

    28/05/2025.
    Folga comercio alimentación Ourense

    Folga comercio alimentación Ourense

    En asemblea de persoas traballadoras, estas votaron por unanimidade levar a cabo dous días consecutivos de folga, transmitindo unha mensaxe clara contra a precariedade do sector na provincia de Ourense e esixindo unhas condicións dignas.

    Esta nova convocatoria vén precedida dun intento de mediación no que a patronal do sector lanzou unha oferta económica claramente insuficiente para os cadros de persoal.

    Na clausura do IV Congreso da Federación Estatal de Servizos en Barcelona, o secretario xeral confederal de CCOO, Unai Sordo, lanzou unha mensaxe de apoio ao persoal do sector da alimentación da provincia de Ourense. No marco da defensa da xornada de 3,5 horas e indicou que: «Nos hemos encontrado con un pronunciamiento de una organización empresarial de los supermercados que ha puesto el grito en el cielo con la reducción de la jornada laboral y, paralelamente, una de las empresas que forma parte de esa organización ha suscrito un convenio que reduce la jornada laboral y, por cierto, quiero aprovechar para hacer un apoyo, para mandar a los trabajadores y las trabajadoras de los supermercados de Ourense, que tienen convocada una huelga el próximo mes de julio, entre otras cosas para reducir el tiempo de trabajo.» 

    👉➕   ÉXITO TOTAL DA FOLGA do comercio alimentación de Ourense   

    Convenio comercio alimentación Ourense: ¡Nós si queremos negociar!