Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Agosto 2026.

SOS Sanidade Pública convoca mobilizacións para denunciar as listaxes de espera

    A Plataforma SOS Sanidade Pública, da cal forma parte CCOO, convoca mobilizacións en vindeiras localidades galegas para o vindeiro 12 de xuño. Con esta acción quere esixir solucións para as listaxes de espera, que as organizacións convocantes consideran «intolerables» e mostra da deterioración progresiva da sanidade pública.

    05/06/2025.
    SOS Sanidade Pública denuncia a deterioración do sistema sanitario

    SOS Sanidade Pública denuncia a deterioración do sistema sanitario

    As mobilizacións desenvolveranse en diversas localidades baixo o lema «Listas de agarda. Máis transparencia. Máis recursos públicos», coa finalidade de visibilizar a situación crítica pola que atravesa o sistema sanitario galego. A plataforma alerta do risco de colapso irreversible da atención primaria e da existencia de listas de espera que non se reflicten nos datos oficiais do Sergas, afectando xa a máis do 30 % da poboación en espera.

    No anuncio estas mobilizacións, desde SOS advertiuse que a espera media para recbir atención nun centro de saúde supera xa os sete días, e nalgúns casos chega ás dúas semanas ou mesmo o mes. A falta de profesionais e a sobrecarga asistencial están detrás dun modelo que favorece o desvío de pacientes á sanidade privada.

    Desde CCOO sublíñase a importancia destas mobilizacións, como expresión do rexeitamento social á progresiva deterioración do sistema sanitario público.