Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 14 Xuño 2025.

CCOO participou nas mobilizacións contra as listaxes de espera na sanidade

    O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia participou o xoves, 12 de xuño, nas mobilizacións convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública en varias localidades do país. Con esta acción reclamáronse solucións para as listaxes de espera, que as organizacións que integran a plataforma, entre elas CCOO, consideran «intolerables» e mostra da deterioración progresiva da sanidade pública.

    13/06/2025.
    Concentración de SOS Sanidade Pública (A Coruña, 12/6/2025)

    Concentración de SOS Sanidade Pública (A Coruña, 12/6/2025)

    As mobilizacións tiveron lugar baixo o lema «Listas de agarda. Máis transparencia. Máis recursos públicos», coa finalidade de visibilizar a situación crítica pola que atravesa o sistema sanitario galego. A plataforma alerta do risco de colapso irreversible da atención primaria e da existencia de listas de espera que non se reflicten nos datos oficiais do Sergas, afectando xa a máis do 30 % da poboación en espera.

    No anuncio estas mobilizacións, desde SOS advertiuse que a espera media para recbir atención nun centro de saúde supera xa os sete días, e nalgúns casos chega ás dúas semanas ou mesmo o mes. A falta de profesionais e a sobrecarga asistencial están detrás dun modelo que favorece o desvío de pacientes á sanidade privada.

    Desde días antes, CCOO subliñou a importancia de apoiar estas mobilizacións, como expresión do rexeitamento social á progresiva deterioración do sistema sanitario público.

    Mobilizacións que tiveron lugar o 12 de xuño

    — A Coruña: 20:00 horas, diante do Obelisco.

    — Burela: 20:00 horas, diante do hospital.

    — Cangas do Morrazo: 20:30 horas, diante do Concello.

    — Ferrol: 20:00 horas, fronte ao ambulatorio Fontenla Maristany.

    — Marín: 20:30 horas, diante do centro de saúde.

    — Moaña: 12:00 horas, diante da Casa do Mar.

    — Nigrán: 12:00 horas, diante do centro de saúde A Xunqueira.

    — Ourense: 12:00 horas, porta do Edificio de Cristal do Complexo Hospitalario (CHOU).

    — Ribeira: 12:00 horas, diante do centro de saúde.

    — Sanxenxo: 20:00 horas, diante do centro de saúde Baltar-Portonovo.

    — Santiago de Compostela: 11:00 horas, diante do ambulatorio Concepción Arenal.

    — Vilagarcía de Arousa: 11:45 horas, diante do hospital comarcal do Salnés.

    — Vigo: 20:00 horas, diante do MARCO (rúa do Príncipe).