Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 18 Xullo 2025.

O persoal de alimentación de Ourense mobilízase diante da sede central de Gadis

    Continúa o conflito do sector do comercio de alimentación da provincia de Ourense. Este mércores houbo unha concentración diante da sede dunha das principais empresas do sector, Gadis. Para esta protesta, o persoal trasladouse ata o polígono industrial da Piadela, en Betanzos.

    25/06/2025.
    Concentración do persoal do comercio de alimentación de Ourense diante da sede de Gadis en Betanzos

    Concentración do persoal do comercio de alimentación de Ourense diante da sede de Gadis en Betanzos

    A mobilización forma parte do calendario de protestas convocado polas organizacións sindicais ante o bloqueo na negociación do convenio colectivo de alimentación de Ourense, que permanece paralizado desde hai meses. Durante a concentración, o persoal denunciou que, mentres as empresas do sector —como Froiz— manteñen beneficios e expanden o seu negocio, os cadros de persoal seguen a traballar con salarios conxelados, xornadas intensas e sen avances en dereitos laborais.

    Desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia lembran que o persoal do sector demostrou sobradamente o seu compromiso e profesionalidade, especialmente nos momentos máis duros da pandemia, e agora exixen un recoñecemento efectivo a través de melloras económicas e sociais.

    Esta acción súmase ás mobilizacións xa realizadas en psados días, como a que tivo lugar o luns diante da sede de Froiz (Poio) ou o martes diante de Cuevas (Ourense).