Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Maio 2026.

A Conselleria de Medio Rural convoca117 prazas en pleno agosto

Confírmase a falta de persoal no operativo de incendios denunciada por CCOO

    A situación que atravesa o dispositivo debido á falta de cobertura de prazas e á non substitución de baixas de longa duración é moi grave. En Ourense, a situación é especialmente crítica, con 25 vacantes sen cubrir.

    16/08/2025.
    CCOO esixe as melloras sobre profesionalización das persoas traballadoras, saúde e prevención e suficiencia de medios humanos e materiais.

    CCOO esixe as melloras sobre profesionalización das persoas traballadoras, saúde e prevención e suficiencia de medios humanos e materiais.

    A Consellería de Medio Rural realizou onte un chamamento urxente para cubrir 117 postos vacantes no Servizo de Prevención de Incendios Forestais (SPIF), que inclúen prazas de emisorista-vixilante, bombeiro forestal, bombeiro forestal xefe de brigada e bombeiro forestal condutor-motobomba.

    A convocatoria confirma as denuncias do sindicato vén realizando desde febreiro de 2025 sobre a grave situación que atravesa o dispositivo debido á falta de cobertura de prazas e á non substitución de baixas de longa duración. En Ourense, a situación é especialmente crítica, con 25 vacantes sen cubrir (máis de 200 en toda Galicia), o que afecta a brigadas, motobombas, puntos de vixilancia e centros de coordinación

    O sindicato lembra que esta carencia de persoal condiciona gravemente a eficacia do operativo de extinción e incrementa os riscos para os profesionais, que xa desenvolven un traballo de alto perigo mesmo en condicións óptimas. “É inaceptable e inxustificable que, en plena vaga de lumes e a mediados de agosto, Medio Rural non teña cubertas todas as prazas do SPIF”, subliña Óscar Rodríguez González, delegado de CCOO e presidente do Comité de Empresa da Consellería de Medio Rural en Ourense.

    CCOO reitera a súa esixencia de cobertura inmediata e urxente do 100% dos postos vacantes e denuncia con dor a situación na que se atopan loitando contra o lume os e as profesionais que integran os dispositivos e reténs antiincendios de boa parte do país, e as condicións, ás veces extremas, nas que teñen que desenvolver o seu traballo, debido á falta de persoal e de medios.

    Desde a gravidade da crise que atravesamos fronte ás chamas, non podemos deixar de sinalar os problemas laborais estruturais do colectivo profesional que, sen dúbida, repercuten na calidade e eficacia do servizo.

    Ligazóns CCOO lamenta as tráxicas mortes e as persoas feridas: