Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 17 Xuño 2026.

CCOO chama a participar de xeito pacífico no percorrido en Galicia da Volta Ciclista a España con bandeiras palestinas

    A Plataforma Cívica de Vigo pro Palestina, da que forma parte CCOO, manifestará o 9 de setembro en Mos o seu rexeitamento á presenza do equipo Israel Premier Tech.

    04/09/2025.
    As vidas de miles de persoas están en risco de exterminio.

    As vidas de miles de persoas están en risco de exterminio.

    O 9 de setembro, a Volta Ciclista a España pasará polo Alto de San Cosme-Mos, coa participación do equipo Israel Premier Tech, estreitamente vinculado co Goberno sionista e co seu proxecto colonial. A súa presenza nun evento deportivo internacional supón unha estratexia de branqueo deportivo do xenocidio en Gaza, agochando que miles de persoas, miles de nenos e nenas,están a ser asasinadas e sometidas á tortura da fame.

    A presenza do equipo ciclista Israel Premier Tech supón unha nova oportunidade para Israel de presentarse ante o mundo como un país moderno, democrático e integrado. Unha imaxe irreal que busca apartar a vista do xenocidio que está a cometer en Gaza e o apartheid en Cisxordania.

    A Plataforma Cívica de Vigo pro Palestina chama a estar presente de xeito firme e pacífico no percorrido desta etapa, con bandeiras palestinas e mensaxes claras de repulsa para dicir NON ao deporte cómplice do xenocidio, e NON á normalización do apartheid israelí.

    Unímonos así á mobilización concienciadora que en todas as etapas da Volta se expresa co berro de radical humanidade, rexeitamento da barbarie e do esquecemento. Rexeitamos a quen se escuda nunha cínica equidistancia afirmando que hai que separar deporte e política, coma se o asasinato masivo de civís e as estratexias de aniquilación dun pobo puidesen subsumirse nesa manida fórmula.

    Ven! Esperámoste!

    9 de setembro

    16:30 h Alto de San Cosme (Mos)

    Acude! Trae a túa bandeira palestina!

    Ergue a túa voz pola xustiza e a dignidade.

    I Manifesto de apoio ao pobo palestino. Garantir a paz

    II MANIFESTO GARANTIR A PAZ: Aprobado no C. N. de CCOO Galicia (Ourense 22-11-2024)