Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Maio 2026.

23 de setembro - Día Internacional Contra a Explotación Sexual e a Trata de Mulleres e Nenas

    Desde 1999, o 23 de setembro conmemórase o Día Internacional Contra a Explotación Sexual e a Trata de Mulleres, de Nenas e Nenos, por ser un problema de violencia patriarcal que afecta aos dereitos máis básicos das mulleres, das nenas e nenos que se atopan en situación de vulneración dos seus dereitos humanos.

    23/09/2025.
    Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos

    Día Internacional contra a Explotación Sexual e o Tráfico de Mulleres, Nenas e Nenos

    Este 23 de setembro, CCOO alzamos a nosa voz contra a explotación sexual e a trata de mulleres, de nenas e nenos, demandando políticas efectivas que eliminen de vez as redes criminais que operan no noso país e medidas de reparación para as superviventes.

    O feminismo sindical de CCOO transforma!

    #AfiliadasXuntasFortes!Combatendo a discriminación de xénero!

     

    #CCOO contra a trata!