Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 7 Novembro 2025.

CCOO reivindica unha democracia que priorice o traballo decente, a igualdade e a xustiza social

    Con motivo da Xornada Mundial polo Traballo Decente, CCOO únese ao movemento sindical europeo e internacional para reclamar unha democracia que poña no centro os dereitos laborais, a xustiza social e a igualdade. O sindicato denuncia o «poder crecente» das grandes corporacións e das elites económicas, que condicionan as políticas públicas e perpetúan a precariedade e a desigualdade.

    06/10/2025.
    Xornada Mundial polo Traballo Decente 2025

    Xornada Mundial polo Traballo Decente 2025

    Fronte a esta realidade, CCOO aposta por un novo contrato social que garanta paz, xustiza e igualdade, e que faga das persoas traballadoras o eixo das decisións políticas e económicas. Así mesmo, chama a cidadanía a apoiar esta loita global polo traballo decente e lembra que o Cumio Social Mundial de 2025 debe servir para comprometer os gobernos coa defensa da democracia, a negociación colectiva e o emprego digno.

    «Reclamamos unha democracia que responda ás necesidades da maioría e garanta dignidade, igualdade e xustiza social», subliña CCOO.