Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 7 Novembro 2025.

CCOO asina o calendario laboral da construción da provincia da Coruña para 2026

    O acordo garante once días de convenio, facilita a planificación anticipada, mellora a conciliación e inclúe seis grandes pontes.

    17/10/2025.
    Asinado o calendario laboral da construción da coruña 2026

    Asinado o calendario laboral da construción da coruña 2026

    A patronal da construción APECCO e as organizacións sindicais CCOO HÁBITAT e UGT FICA asinaron o calendario laboral do sector da construción da provincia da Coruña para o ano 2026. Este acordo representa un avance.

    O novo calendario, moi esperado polos traballadores e traballadoras, anticípase con tempo suficiente para facilitar a planificación dos descansos e as vacacións. Entre as súas características principais, inclúense 11 días que permiten gozar da Semana Santa completa. Ademais, establécense seis grandes pontes** ao longo do ano.

    O acordo alcanzado reforza o compromiso co diálogo social entre a patronal e as organizacións sindicais. Con este asinamento, o calendario da construción da Coruña consolídase como un referente en Galicia, tanto pola súa estabilidade como polo alto nivel de acordo acadado.

    Temos que destacar que este calendario «é froito da negociación colectiva útil, responsable e anticipada». As centrais sindicais engaden que o acordo «dá seguridade e estabilidade aos cadrod de persoal e mellora directamente a vida das persoas traballadoras».

    CCOO Hábitat e UGT FICA manifestan a súa intención de seguir traballando para avanzar en materia de dereitos, igualdade e seguridade dentro do sector da construción. Lembran que a previsión e o respecto polos tempos de descanso son condicións imprescindibles para lograr un sector máis seguro, máis sostible e máis atractivo para o emprego.

    As organizacións sindicais manifestan a súa intención de seguir traballando para avanzar en materia de dereitos, igualdade e seguridade dentro do sector da construción.