Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 10 Febreiro 2026.

CCOO e UGT logran un acordo coa patronal do transporte de viaxeiros da Coruña condicionado á votación en urna

    O pacto recolle melloras salariais e unha redución da xornada laboral

    03/02/2026.
    Delegados de CCOO, nunha das numerosas concentracións no conflito do trnasporte de viaxeiros da Coruña.

    Delegados de CCOO, nunha das numerosas concentracións no conflito do trnasporte de viaxeiros da Coruña.

    Tras meses de conflito no sector do transporte de viaxeiros por estrada da provincia da Coruña, CCOO e UGT lograron este luns un acordo que mellora as condicións laborais das persoas traballadoras. O pacto, que non asinou a CIG, terá que ser ratificado nas asembleas correspondentes.

    Estas son as melloras logradas durante a negociación, que se intensificou estas últimas xornadas tras o bloqueo da patronal durante moitas semanas:

        -Suba salarial: ano 2025, do 3,4 %; ano 2026, do 3,4 % revisable ao IPC, repercutindo o devandito importe nas nóminas de 2027.

        -Un día máis de asuntos propios.

        -A xornada laboral baixa e pasa a ser de 1800 horas anuais.

        -Plus de absentismo de 1000 euros brutos ao ano, suxeitos a que a taxa de absentismo anual sexa inferior ao 6 %.

        -Adaptación á lei de desconexión dixital.

        -Plus por traballar festivos: 65 euros por traballar os días 24, 25 e 31 de decembro e 1 de xaneiro; 65 euros polo resto de festivos.

    Este acordo queda condicionado ao resultado da votación que realizaran as persoas traballadoras en urna.