Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Maio 2026.

A patronal enche os petos mentres as persoas que traballan padece a carestía.

    O capital non pode seguir apropiándose dunha parte desproporcionada da riqueza xerada. O momento de repartir é agora.

    02/05/2026.
    Non hai excusas: hai marxe para subir salarios e reducir a xornada

    Non hai excusas: hai marxe para subir salarios e reducir a xornada

    Os datos son escandalosos e a realidade para a clase traballadora galega, insostible. Mentres as familias en Galicia fan malabares para chegar a fin de mes ante o custo da vida, o último informe do Gabinete Económico de CCOO, baseado no Observatorio de Márxenes Empresariais (OME), confirma o que vimos denunciando nas rúas: as empresas están a vivir unha idade de ouro de beneficios a costa de devaluar o traballo.

    A fotografía do peche de 2025 é demoledora. As marxes empresariais non só se recuperaron do shock inflacionario, senón que se consolidaron en máximos históricos. O margen bruto sobre ventas estabilizouse no 13%, o que supón un incremento da rentabilidade do 30% fronte aos niveis previos á pandemia, cando se situaba en torno ao 10% 

    En termos reais, a riqueza xerada queda nos despachos e non chega ás nóminas: a capacidade das empresas para xerar valor por cada euro facturado alcanzou un novo tope histórico do 24,4% 

    Galicia: Crecemento para uns poucos, precariedade para a maioría

    Na nosa comunidade, a situación clama ao ceo. A economía galega pechou 2025 cun crecemento do 2,6%, por riba das previsións iniciais e consolidando unha evolución mellor que a media estatal no período postpandemia 

    • O PIB galego xa se sitúa 12,3 puntos por encima do nivel de 2019, 2,2 puntos máis que o crecemento acumulado de España
    • Con todo, este «éxito» macroeconómico ten pés de barro para os traballadores e traballadoras galegos.

    Como denunciou a nosa secretaria xeral, Amelia Pérez, nas recentes mobilizacións do 1 de Maio na Coruña , é «indecente que sectores cun peso estratéxico en Galicia, como a hostalería, a construción ou o comercio almacenista de alimentos, estean a ensanchar as súas marxes de beneficio de forma estrutural mentres a cota salarial cae en picado. Non hai excusas: hai marxe para subir salarios e reducir a xornada».

    Non hai excusas: hai marxe para subir salarios e reducir a xornada

    Desde o Gabinete Económico de CCOO elimínase calquera «excusa» para non avanzar na xustiza salarial. A produtividade está en máximos e as empresas demostraron ter capacidade para xerar beneficios récord. O sindicato reclama que a moderación dos custes de produción se traslade de forma efectiva aos prezos de consumo, ás nóminas e a redución da xornada, evitando que o excedente empresarial se consolide como un factor de desigualdade estrutural 

    .

    .