Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 17 Xuño 2026.

Éxito rotundo no primeiro día de folga do metal da Coruña: fábricas pechadas, rúas cheas

    O sector manda un aviso claro á patronal: ou senta a negociar ou o conflito irá a máis

    20/05/2026.
    Manifestación este 19 de maio na Coruña.

    Manifestación este 19 de maio na Coruña.

    Éxito rotundo das persoas traballadoras no primiero día de folga ao que estaban convocadas. Este 19 de maio, as rúas e os polígonos de Ferrol, Santiago e A Coruña falaron alto e claro. O seguimento foi masivo.

    Desde CCOO Industria queremos darvos as grazas a todas as compañeiras e compañeiros. Nos piquetes desde a madrugada e nas multitudinarias manifestacións do mediodía, demostrastes que a dignidade da clase traballadora non se pisotea.

    A patronal pensaba que iamos calar ante o secuestro do noso convenio, pero hoxe deixamos claro que sen nós, non se move nin un só parafuso. ​Que lle quede claro ao empresariado: queremos unha negociación real xa: salarios xustos, fin da precariedade, fin das ETT e e redución de xornada. En definitiva, unhas condicións que nos permitan vivir, non só sobrevivir.

    E se seguen pechando os ollos e negándose a sentar na mesa... os días 26 e 27 de maio volveremos paralizar a produción. ​A loita continúa.