Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 17 Xuño 2026.

SOS Sanidade Pública convoca mobilizacións este xoves para protestar polas listas de agarda

    Propón un decálogo de medidas para mellorar a situación

    01/06/2026.
    Rolda de prensa de presentación das mobilizacións.

    Rolda de prensa de presentación das mobilizacións.

    A plataforma SOS Sanidade Pública convoca mobilizacións para este xoves, 4 de xuño, en centros de saúde e hospitais de toda Galicia para protestar contra o incremento e manipulación das listas de agarda.

    A entidade, ademais, presenta nove medidas para mellorar a situación:

    1. Coñecemento da realidade das listaxes de espera, sen maquillaxes nin ocultamentos.

    2. Prioridade absoluta para os problemas que teñen risco de morte ou invalidez.

    3. Utilización intensiva dos recursos do sistema sanitario público para que consultas, quirófanos e os recursos diagnósticos funcionen en quenda de mañá e tarde.

    4. Incremento do persoal de todas as categorías en atención primaria e hospitais.

    5. Potenciación da dedicación exclusiva dos profesionais sanitarios para mellorar o bo aproveitamento dos recursos.

    6. Potenciación da atención primaria de saúde, aprobando novo modelo de atención multidisciplinaria e comunitaria con recursos suficientes para mellorar a súa capacidade de resolución.

    7. Mellora da coordinación entre atención primaria e hospitalaria mediante plans de coordinación en cada área de saúde.

    8. Desenvolvemento dunha rede de camas de media e longa estancia para lograr un rendemento adecuado dos hospitais de agudos, con camas de media e longa estancia e centros xeriátricos.

    9. Desenvolvemento da atención sociosanitaria que obriga a estancias innecesarias nos centros hospitalarios.

     

    Estas son as concentracións confirmadas, que contan co apoio de CCOO de Galicia:

    Marín: centro saúde ás 20:30 h

    Ferrol: centro saúde Fontenla Maristany ás 20:00 h

    Barbanza: Hospital da Barbanza ás 12:00 h

    Pontevedra: Hospital Provincial ás 12:00 h

    Vigo: Hospital Álvaro Cunqueiro ás 11:00 h

    Moaña: Casa do Mar ás 12:00 h

    A Mariña: Hospital da Mariña ás 12:00 h

    A Coruña: Rotonda do CHUAC ás 11:00 h

    Santiago: Amabulatorio Concepción Arenal ás 11:00 h

    Salnés: Hospital do Salnés ás 12:00 h

    Ourense: CHUO. Porta do Edificio Cristal ás 11:00 h

    O Carballiño: centro de saúde ás 12:00 h