Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 14 Xullo 2026.

CCOO, FSIE, UGT, USO, SNEP e CIG reclamaron o inicio das negociacións coa Consellaría de Educación no ensino concertado

    Os sindicatos CCOO, FSIE, UGT, USO, SNEP e CIG volveron reclamarlle este venres á Consellaría de Educación a apertura dun proceso de negociación para o ensino concertado. Por ese motivo, convocaron concentracións en Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo.

    26/06/2026.
    Concentración do persoal do ensino concertado diante da sede da Xunta (26/6/2026)

    Concentración do persoal do ensino concertado diante da sede da Xunta (26/6/2026)

    As organizacións denunciaron que, tras tres mobilizacións previas, a Administración autonómica continúa sen responder ás súas demandas. Durante as concentracións, os sindicatos advertiron de que máis de sete mil profesionais continúan afectados por unha política que, segundo denunciaron, os exclúe de calquera proceso de negociación cos seus representantes lexítimos.

    Ao seu xuízo, esta situación prolongouse durante máis de dezaoito anos e traduciuse nunha deterioración das súas condicións laborais, sociais e salariais.

    As organizacións tamén lembraron que as caravanas de coches celebradas o pasado 28 de maio en Vigo e A Coruña evidenciaron o malestar existente no sector. Segundo afirmaron, a Xunta limitouse durante este período a aplicar recortes e a bloquear calquera posibilidade de acordo mediante normas que impiden abrir un proceso de diálogo para mellorar as condicións de traballo do persoal.