Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Agosto 2026.

A Federación de Pensionistas de Santiago-Barbanza convoca a súa segunda asemblea aberta para o día 9 de xullo

    A Federación de Pensionistas de Santiago-Barbanza celebrará este xoves, 9 de xullo, a súa segunda asemblea aberta. A iniciativa dá continuidade ao encontro que tivo lugar o pasado mes de abril e que pretende consolidarse como un espazo de participación e debate para a afiliación de pensionistas deste ámbito.

    06/07/2026.
    Segunda asemblea aberta este xoves, 9 de xullo

    Segunda asemblea aberta este xoves, 9 de xullo

    O obxectivo destas xuntanzas é ofrecer un foro aberto no que as persoas participantes poidan compartir inquedanzas, propostas, ideas e opinións sobre os asuntos que afectan á cidadanía, así como sobre a actualidade política e social, o papel de CCOO e da Federación de Pensionistas. Así mesmo, estes encontros permitirán, se así se considera oportuno, trasladar propostas ou recomendacións aos órganos do sindicato.

    A asemblea celebrarase ás 10:30 horas na sede de CCOO en Santiago, situada na rúa de Miguel Ferro Caaveiro, 8. O encontro desenvolverase cun formato aberto e participativo, afastado da rixidez das reunións convencionais.

    Entre os asuntos propostos para o debate figuran os seguintes:

    1. Situación internacional.
    2. O avance do fascismo.
    3. Situación política en España.
    4. Futuro inmediato da esquerda.
    5. Como se ve a CCOO, especialmente en Galicia.
    6. Que papel pode e debe xogar a Federación de Pensionistas.
    7. Calquera outro tema que as persoas asistentes coiden oportuno incorporar ao debate.

    A Federación de Pensionistas de Santiago-Barbanza anima a toda a afiliación da rama a participar nesta iniciativa, convencida de que o intercambio de experiencias e opinións contribúe a fortalecer a organización e a súa capacidade de intervención social.