Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Setembro 2026.

Desconvocada a folga en Frimos logo de que o persoal cobrara parte da débeda

    As persoas traballadoras retoman a actividade tras o paro indefinido, á espera de acadar unha solución definitiva que garanta a continuidade da empresa porriñesa e o cobramento das nóminas atrasadas que quedan por aboar.

    12/08/2026.
    Concentración do persoal de Frimos para reclamar o pagamento dos salarios (6/8/2026)

    Concentración do persoal de Frimos para reclamar o pagamento dos salarios (6/8/2026)

    As persoas traballadoras de Frimos volveron este martes a súa actividade laboral despois de que se lle ingresaran dúas das catro nóminas impagadas. Trátase dunha solución provisional, á espera de que se confirme se un novo investidor se fai coas rendas da empresa do Porriño, que en xuño entrou en concurso de acredores.

    O cadro de persoal decidiu suspender a folga indefinida iniciada o pasado 6 de agosto despois de que a empresa aboase as nóminas de xuño e xullo e parte doutras cantidades pendentes. A presión e a organización das persoas traballadoras permitiron avanzar nun conflito no que se chegaron a acumular polo menos catro mensualidades sen pagar.

    Aínda quedan salarios pendentes para parte do persoal, polo que a situación continúa aberta. Se volven os impagamentos, non se descartan novas mobilizacións, pero CCOO confía nunha solución aos problemas de xestión que arrastra a empresa coa chegada dunha nova dirección.