Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Setembro 2026.

Remata sen acordo a negociación do ERE de Concentrix: o comité denuncia que a empresa só ofrece o mínimo

    CCOO, CIG, CGT e UGT explican que a dirección non ofreceu a documentación pertinente e, malia iso, o propio perito contratado pola empresa sinalou que son posibles recolocacións e indemnización máis cuantiosas.

    28/08/2026.
    Concentración do persoal de Concentrix diante da Delegación do Goberno na Coruña (15/7/2026)

    Concentración do persoal de Concentrix diante da Delegación do Goberno na Coruña (15/7/2026)

    En nome de todo o comité, conformado por CCOO, CIG, CGT e UGT, informamoss de que na reunión de onte, 27 de agosto, coa empresa, finalmente, non se chegou a un acordo con ela sobre o ERE.

    A empresa non proporcionou a documentación solicitada e necesaria para levar a cabo la negociación e xustificar a apertura deste expediente.

    A media hora de finalizar a negociación, presentouse o director de recursos humanos, cuxa presenza foi case nula durante todo o proceso, para tentar coaccionarnos.

    Aínda sen ter os datos necesarios que acrediten este proceso, a maioría da parte social estaba conforme en intentar chegar a un acordo e negociar unhas condicións dignas, pero a empresa só ofreceu o mínimo económico con despedimentos forzosos e á carta.

    En todo momento a parte social demostramos que a empresa si tiña posibilidade de recolocar unha gran parte de afectados, reducindo deste modo o impacto. Tamén puidemos acreditar, grazas ao perito que realizou a auditoría, contratado pola empresa, o bo músculo financeiro desta, o que lle permitiría subir a oferta económica. O perito confirmou que a empresa non lle proporcionou toda a documentación necesaria para realizar unha correcta auditoría e afírmanos que SI vía viable a recolocación dunha parte dos afectados.

    Ante a falta da documentación que xustifique a apertura deste proceso, a falta de vontade negociadora por parte da empresa, a demostración de que SI sería posible a recolocación, e vendo que a empresa SÓ quere despedimentos forzosos e que ademais ten capacidade económica para mellorar a indemnización de modo que for o máis digna e beneficiosa posible para os afectados, NON FOI POSIBLE CHEGAR A UN ACORDO.