Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 6 Outubro 2026.

O comité de empresa de Fresno Metal mobilízase contra a represión laboral e os despedimentos

    O comité de empresa de Fresno Metal, do Grupo Malasa, levou a cabo este venres dúas concentracións para denunciar a «represión laboral» por parte da dirección da empresa e os despedimentos rexistrados nos últimos meses.

    11/09/2026.
    Concentración diante do SMAC da Coruña para denunciar a represión en Fresno Metal

    Concentración diante do SMAC da Coruña para denunciar a represión en Fresno Metal

    A primeira mobilización tivo lugar ás 10:30 horas diante do Servizo de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC), na rúa Victoria Fernández España, na Coruña. Ás 14:00 horas, o persoal concentrouse novamente diante das instalacións de Fresno Metal, no polígono do Acevedo, en Cerceda.

    Baixo o lema «Contra a represión sindical en Fresno Metal - Grupo Malasa», o comité de empresa reclamou unha resposta ante as decisións da dirección e denunciou o que considera unha situación de abuso patronal.

    «Contra o abuso patronal, resposta sindical!» foi o lema da segunda concentración, coa que a representación dos traballadores  quixo visibilizar os conflitos laborais existentes e defender o exercicio dos dereitos sindicais.