Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 6 Outubro 2026.

SOS Sanidade Pública organiza a próxima semana unha xeira de debates por toda Galicia sobre «Saúde mental e traballo»

    A acción realizarase en 10 localidades con motivo da Semana da Saúde Mental e o acto central será en Santiago o día 10.

    30/09/2026.
    Presentación da iniciativa, este mércores en Santiago.

    Presentación da iniciativa, este mércores en Santiago.

    A Plataforma SOS Sanidade Pública, na que participa CCOO, celebrará entre o 5 e o 15 de ouubro a Semana da Saúde Mental cunha xeira de mesas de debate en 10 localidades galegas baixo o título «Saúde mental e traballo», nun momento no que as incapacidades temporais por trastornos derivados do mundo laboral están a medrar de xeito moi intenso. Esta acción realizarase en colaboración co Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, co Movemento Galego de Saúde Mental e coa Asociación de Psicoloxía Clínica do Sergas.

    Cada mesa de debate contará cunha persoa moderadora da plataforma, unha psicóloga clínica e unha sindiclaista. O acto central celebrarase o sábado 10 de outubro en Santiago; primeiro farase a palestra —ás 11:00 na praza do Touroal ou no CSC do Castiñeiriño en caso de choiva— e logo, ás 12:30 terá lugar a lectura do manifesto por parte do escritor Suso de Toro.

    Este é o calendario das distintas mesas:

    5 OUTUBRO

    19:00 h · Aula da Casa da Xuventude · Ribeira

    20:00 h · Circo de Artesáns · A Coruña

    7 OUTUBRO

    18:30 h · Ateneo Ferrolán · Ferrol

    19:30 h · Casa Galega da Cultura · Vigo

    8 OUTUBRO

    19:00 h · Salón de Plenos do Concello · Cangas

    20:00 h · Auditorio de Vilagarcía · Vilagarcía

    20:30 h · Museo Manuel Torres · Marín

    9 OUTUBRO

    20:00 h · Casa Social Forestal As Canteiras · Noalla – Sanxenxo

    10 OUTUBRO · DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL

    11:00 h · Praza do Toural · Santiago de Compostela

    (En caso de choiva: CSC do Castiñeiriño. Acto central ás 12:30)

    15 OUTUBRO

    19.30 h . Salón de actos do Edificio Sindical

    Parque de San Lázaro - Ourense