Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 16 Novembro 2026.

CCOO de Galicia traslada o seu pésame ás familias das vítimas e ás persoas afectadas polo sinistro de tren de Toledo

    O sindicato expresa o seu apoio ás persoas traballadoras do sector, que entre as súas reivindicacións sempre antepoñen a mellora da seguridade e do servizo público.

    28/10/2026.
    Pesar polo accidente de Toledo.

    Pesar polo accidente de Toledo.

    O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia expresa o seu pesar polo tráxico accidente de tren acaecido esta mañá na provincia de Toledo e traslada as súas máis sentidas condolencias ás familias das vítimas e a todas as persoas afectadas, incluídos os traballadores e traballadores dos servizos ferroviarios.

    Nese senso, CCOO de Galicia manifesta o seu apoio explícito a todo o persoal do sector do ferrocarril, que entre as súas reivindicacións sempre antepón a mellora da seguridade e do servizo público.

    Na memoria de todas as galegas e galegos está presente o accidente de Angrois en 2013, cando vivimos na nosa pel unha traxedia similar á que hoxe sofren en Toledo, de xeito que desde Comisións Obreiras non podemos máis que empatizar e solidarizarnos coas persoas afectadas e con todos os profesionais e voluntarios que nestas horas de dor e tristura se afanan en minimizar as consecuencias do sinistro.