Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 3 Maio 2024.

Finalizou o 10 Congreso do Sindicato Nacional de CC.OO. elixindo como secretario xeral a Xosé Manuel Sáchez Aguión.

  • CCOO manifesta a súa "firme vontade" de afondar na unidade de acción sindical, "a mellor das ferramentas" nesta crise

28/01/2013.
Delegación da U.C. de CC.OO. de Pontevedra

Delegación da U.C. de CC.OO. de Pontevedra

Os seis compañeiros/as da U.C. de Pontevedra que participaron no 10 Congreso Nacional do sindicato, xunto a Pilar Seone e Eusebio Justo que o fixeron como delegados/as natos,  tiveron un papel importante tanto no debate como no resultado final dos procesos de elección e na presentación de resolucións. Na intervención de seis minutos que tivo Antonio Millares portavoz da U.C. de Pontevedra, tempo que se concedeu a esta delegación o que demostra a dificultade de ser oídos na nosa organización, anunciou en primeiro lugar que non apoiaría o informe balance do secretario xeral e da comisión executiva saínte, xa que entendiamos que nestes catro anos de xestión deberíanse facer as cousas de outra maneira, asimesmo mostrouse noso malestar coa executiva saínte polo trato recibido coa U.C. de Pontevedra xa que se puido facer mais, por exemplo nas mobilizacións convocadas pola condena do compañeiro Carlos Búa.  Tamén os/as compañeiros/as Xose L. García Pedrosa, Pilar Seoane e Eusebio Justo, defenderon numerosas emendas aos documentos congresuais.   O venres elixiuse os novos órganos de dirección, xunto cos integrantes das comisións de Control e Garantías e os/as delegados/as que representarán áo sindicato nacional no Congreso Confederal, que se celebrará o próximo mes de febreiro en Madrid.

Sánchez Aguión, que presentou a única candidatura para a Secretaría Xeral con 199 avaís, saíu reelixido co 173 votos, 69 en branco e 4 nulos. Para a Comisión Executiva Nacional, presentouse dúas candidaturas, a encabezada polo actual máximo responsable avalada por 197 delegados/as e a liderada por Eusebio Justo Santos, con 36 avais. Finalmente a lista encabezada por Sánchez Aguión recibiu 166 votos e obteñen 10 postos na C.E., ea lista de Eusebio Justo foi votada por 56 delegados/as e terán 4 postos na C.E. A Comisión Executiva do sindicato nacional de CC.OO. de Galicia a forman: Eusebio Justo Santos, Pilar Seoane Vázquez, Jaime López Golpe, Emilia Lamas Seoane, Mabel Pérez Simal, Manuel González Ríos, Maica Bouza Seoane, Francisco Carrera Pérez, Adela Poisa Baños, Jesús Castro Baamonde, Ascensión Esteban Ceballos, José Antonio Vilar González, Juan Martínez Garcíae  Machús Fernández García.

A única lista presentada para a Comisión de Garantias, non recibiu o apoio esperado xa que solo contou con 133 votos a favor, 107 abstencións e 4 nulos.   Por outra banda, Congreso Nacional de CCOO de Galicia aprobou unha resolución que insta o sindicato a iniciar con outras organizacións de clase un plan de traballo específico para afrontar a problemática da negociación colectiva. Tamén se aprobou un texto a proposta de todas as Secretarías da Muller de CCOO de Galicia, así como outro contra a Lei orgánica de mellora da calidade educativa (LOMCE).

Con esta resolución, CCOO rexeita tamén a Lei de taxas xudiciais, que forma parte dunha "ofensiva" que tamén logrará "a privatización dos rexistros civís". Finalmente, esixe unha aplicación "equitativa" da Xustiza, con "proporción" entre o delito e o indulto e non entre este e a clase social, polo que insta ao "indulto urxente" do cidadán David Reboredo.

Canto á resolución promovida polas Secretarías da Muller, foi aprobada con anterioridade nos diferentes congresos de unións comarcais e federacións nacionais de CCOO, que tiveron lugar a finais de 2012. O texto denuncia que a crise económica ten consecuencias especialmente negativas para as mulleres, liña na que afondan as diferentes medidas impostas polos Gobernos estatal e galego.

Non salio adiante unha resolución presentada, entre outras organizacións, pola U.C. de Pontevedra que instaba a realizar mobilizacións, en unidade sindical, na comunidade de Galicia xa que e necesario manter as protestas ante as políticas de recortes do goberno galego, a resolución non descartaba convocar unha folga xeral en Galicia.