Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 4 Decembro 2024.

Gabinete de Igualdade do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia

Ao abeiro dos acordos do diálogo social, coa colaboración da Xunta de Galicia, o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia crea en decembro de 2019 un Gabinete de Igualdade. As súas funcións son:

  • Apoiar e asesorar as federacións e as RLT en cuestións de negociación colectiva, perspectiva de xénero, procesos de selección, corresponsabilidade, condicións laborais plans de igualdade e cláusulas.

  • Realizar unha diagnose permanente en canto á análise sectorial dos plans de igualdade, no seu conxunto.

  • Campañas de sensibilización

  • Xornadas, seminarios e formación ás persoas negociadoras de CCOO

  • Achegas para a construción dunha ferramenta dixital para paliar a fenda salarial

Enderezo electrónico para contactar co gabinete: gabineteigualdade@galicia.ccoo.es