Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 11 Setembro 2026.

PORTADA

Para CCOO, España non pode permitirse que unha nova subida dos prezos da enerxía acabe trasladándose ao conxunto da economía

As marxes empresariais mantéñense historicamente altas, consolidando a suba rexistrada tras a crise inflacionaria de 2022.

O persoal do ensino concertado secundou masivamente a folga convocada para o primeiro día do curso

CCOO, FSIE, UGT, FeUSO, SNEP e CIG denuncian os servizos mínimos «abusivos» da Consellería de Educación e reclaman respecto, diálogo, negociación e cumprimento dos acordos.

Protesta do comité de empresa de Ence en Pontevedra para esixir o cumprimento do Plan Avanza

O comité de empresa aproveitou a visita da conselleira de Medio Ambiente para reclamar garantías respecto do futuro industrial da fábrica de Pontevedra.


30.ª Xornada Sindical da Muller de CCOO

A trixésima edición da Xornada Sindical da Muller reuniu en Vigo representantes sindicais, responsables institucionais e especialistas para analizar a fenda de xénero e os retos pendentes en materia de igualdade.

Segundo os datos da EPA, catro de cada dez horas extras non se compensan, nin economicamente nin con descanso

Esta práctica abusiva significa unha perda económica de case 7700 euros anuais por persoa entre salarios e cotizacións que se deixaron de percibir.

Protesta na Coruña coincidindo coa reapertura do Gadis de Montealto

O conflito continuou este xoves cunha concentración de 12 horas no Gadis de Montealto e vindeiro martes, 15 de setembro, haberá concentracións no Froiz de Ferrol e no Híper Froiz de Narón.

De esquerda a dereita: Borja Campos Seijo, secretario de Ensino Público Non Universitario; Noelia Sánchez Vaamonde, secretaria xeral de CCOO-Ensino; María Burke Gerpe, secretaria de Persoal de Apoio Educativo; e Tania Alonso Soto, secretaria de Ensino Privado e Servizos Socioeducativos.

O sindicato salienta que o ensino público gaña 183 postos estruturais e 18 unidades neste curso, mentres o sistema educativo perde 4617 estudantes.


O mercado laboral galego presenta peores datos en agosto ca a media estatal

O paro rexistrado en agosto aumentou un 2,5 %, mentres que a afiliación á Seguridade Social se reduciu un 0,7 %.

Cambios no sistema de notificacións da Seguridade Social a partir do 1 de setembro

Afecta a situacións como prestacións por nacemento e coidado de menores, risco durante o embarazo ou baixas médicas.

Concentración do persoal de Concentrix diante da Delegación do Goberno na Coruña (15/7/2026)

O perito da empresa explicou que hai capacidade de recolocacións e de subir as indemnizacións.


O máis destacado


Lembrar

Primeiro de Maio 2026

10 de Marzo 2026:

Premios 10 de marzo

Día das Letras Galegas 2026

Publicado no DOG o convenio do transporte sanitario

O convenio colectivo beneficia máis de dous mil traballadores e traballadoras do sector.

Posición de CCOO ante a reforma da Lei de estranxeiría

O sindicato quere que a reforma se acometa desde o diálogo e o respecto aos dereitos das persoas e advirte dos riscos de poñer o control migratorio por riba da xestión social e laboral.

CCOO reclama a volta aos consensos sobre o galego

O sindicato pídelle á Xunta de Galicia que «recapacite» e presente un novo decreto que garanta os máximos niveis de docencia no idioma propio.

Residencia Nosa Señora do Carme, en Sarria

A falta de persoal obriga a dobrar quendas e prolongar xornadas. O sindicato demándalle ao Concello que adopte medidas «urxentes».

Mobilización na Coruña na terceira xornada de folga do comercio de alimentación (17/8/2026)

O obxectivo é decidir sobre as próximas mobilizacións, debido ao bloqueo das negociacións por parte da patronal.

Fotografía de arquivo dunha mobilización de apoio ao pobo palestino

O acto reuniu representantes de organizacións sociais, sindicatos, partidos políticos e institucións para amosar o seu apoio ao pobo palestino.


Outras Novas

Manifestación do sector do metal da Coruña durante a folga do 2026

O acordo incorpora melloras en salarios, saúde laboral, estabilidade no emprego, xornada e conciliación.

Homenaxe á traballadora do SAF asasinada no Porriño o 29 de xullo de 2025.

«Traballar coidando dos demais nunca pode significar traballar con medo», lembran as compañeiras da asasinada.

A Fundación 10 de Marzo de CCOO pretende preservar e facer accesible un valioso patrimonio documental desde a Guerra Civil ata a legalización dos sindicatos

O proxecto permitirá preservar e facer accesible na rede un valioso patrimonio documental desde a Guerra Civil ata a legalización dos sindicatos.

Protesta na oficina de Correos de Vilagarcía (29/06/2026)

A empresa pública financia os seus beneficios coa mingua do cadro de persoal, precariedade e sobrecargas non asumibles.

Máis sobre CCOO


REDES SOCIAIS