Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 10 Setembro 2025.

Organización

CCOO é un instrumento eficaz de protección e mellora laboral e social. Proba disto é que somos o primeiro sindicato, con preto de 100.000 delegadas e delegados sindicais en todo o Estado e case un millón de persoas afiliadas, ás que debemos a nosa independencia. Contar contigo fáinos máis fortes.

CCOO é imprescindible para conseguir mellores condicións de traballo, mellores salarios e novos dereitos a través da negociación dos convenios colectivos, da relación permanente coas empresas e da interlocución coas diferentes administracións públicas.

 

Dereitos

Poñemos á túa disposición os mellores equipos de asesoramento sindical, xurídico e técnico: unha rede de 320 avogadas e avogados e 190 centros distribuídos por todo o Estado. Só en 2019 atendemos preto de 200.000 casos, cunha amplísima maioría de resolucións favorables.

Por 15,40 euros ao mes tes ao teu servizo todo o que che ofrece o sindicato, con posibilidade de cotas reducidas en función dos teus ingresos e da túa situación laboral. A cota sindical é deducible na declaración da renda e dá dereito a un seguro de vida en caso de accidente.

 

Afíliate a CCOO!

Pódeste afiliar a CCOO de maneira moi sinxela e a través de internet. Para iso, abonda con que cubras o formulario que atoparás ao final desta páxina.