Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 19 Abril 2024.

Cartel de CCOO polo 25N de 2022

Reiteramos o noso compromiso coa erradicación de calquera forma de violencia contra as mulleres e facemos un chamamento ás traballadoras e os traballadores e á cidadanía para combatelas ata a súa erradicación.

Reclaman a reversión dos recortes e que a porta de entrada á sanidade pública sexa máis accesible para as persoas maiores.

Rexistro do manifesto nas Delegacións do Goberno de España e nas oficinas da Xunta de Galicia.

CCOO organiza a xornada 'Transición cara a un feliz mundo circular'

Mañá mércores, 5 de outubro, ten lugar a segunda parte das xornadas de CCOO sobre a transición ecolóxica e a economía circular.

Agora si toca subir o SMI e derrogar a reforma laboral

O mércores, 14 de xullo, concentración ás 12:00 fronte á Delegación do Goberno, na Coruña.

Día do Orgullo LGTBI+

Desde CCOO chamamos a toda a sociedade a respectar as diferenzas e a diversidade e a tecer alianzas para proclamar o noso lema: Orgullo de Ser. Un todo que suma.

Cartel conxunto de CCOO e UGT polo Primeiro de Maio (2021)

O 1.º de Maio de 2020 cadrou en pleno confinamento por mor da pandemia de covid-19. Con todo, para CCOO e UGT non deixou de ser un día reivindicativo no que reclamamos a necesidade doutro modelo social e económico máis xusto, a obriga de protexer e reforzar os servizos públicos, imprescindibles nunha sociedade democrática, e destacar o valor insubstituíble do traballo, das traballadoras e traballadores, para sacar adiante unha sociedade ante situacións tan complexas.

Cartel do 28 de abril de 2021

  • A saúde e a seguridade, un dereito fundamental no traballo

O 28 de abril é a data que elixiu o movemento sindical para lembrar as compañeiras e compañeiros que perderon a saúde e a vida en accidentes de traballo ou por enfermidades de orixe laboral e para denunciar as precarias condicións laborais que están na orixe destes danos. Posteriormente, a Organización Internacional do Traballo (OIT) institucionalizouna como Día Internacional para a Saúde e a Seguridade no Traballo.