Política de cookies

Este sitio usa cookies propias y de terceros para facilitar la navegación y obtener información de estadísticas de uso de nuestros visitantes. Puedes aceptar todas las cookies pulsando el botón 'Aceptar' o configurarlas o rechazar su uso pulsando el botón 'Configurar cookies'

Para más información consulta nuestra Política de cookies

Configuración de cookies

Desde aquí puede activar o desactivar las cookies que utilizamos en este sitio web, a excepción de las de técnicas, que son imprescindibles. Si no selecciona ninguna opción, equivale a rechazar todas las demás cookies.

Cookies técnicas y de sesión, estrictamente necesarias

Sesión: PHPSESSID, SERVERID, Incap_ses_*_* y visid_incap_*

Permiten mantener la coherencia de la navegación y optimizar el rendimiento del sitio web, son imprescindibles

Técnica: config

Guarda la configuración de cookies seleccionada por el usuario

Cookies de terceros

Google Analytics: _gat, _gid y _ga

Utilizamos estas cookies para obtener información de estadísticas de uso de nuestros visitantes. Están gestionadas por Google, puedes consultar su política de cookies haciendo clic aquí

Facebook: _fbp

Cuando mostramos información incrustada de la red social Facebook, se genera automáticamente esta cookie. Está gestionada por Facebook, puedes consultar su política de cookies haciendo clic aquí

Twitter: eu_cn, ct0, guest_id y personalization_id

Cuando mostramos información incrustada de la red social Twitter, se generan automáticamente estas cookies. Están gestionadas por Twitter, puedes consultar su política de cookies haciendo clic aquí

Política de cookies

SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA informa de que este sitio web usa cookies para o seguinte:

  1. Asegurar que as páxinas web poidan funcionar correctamente.

  2. Recompilar información estatística anónima, como que páxinas visitou a persoa usuaria ou canto tempo permaneceu no sitio web.

  3. Mostrar contido de redes sociais, sempre relacionado con información da organización de CCOO.

Informamos de que contén ligazóns a sitios web de terceiros con políticas de privacidade alleas á de CCOO, que poderá decidir se acepta ou non cando acceda a eles.

A continuación encontrará información detallada sobre que son as cookies, que tipo de cookies utiliza este sitio web, como pode desactivalas no seu navegador e como bloquear especificamente a instalación de cookies de terceiros.

  1. 1. Que son as cookies?

    As cookies son arquivos que os sitios web ou as aplicacións instalan no navegador ou no dispositivo (teléfono intelixente, tableta ou televisión conectada) da persoa usuaria durante o seu percorrido polas páxinas do sitio ou pola aplicación, e serven para almacenar información sobre a súa visita.

    O uso de cookies permite optimizar a navegación, adaptando a información e os servizos ofrecidos aos intereses da persoa usuaria, para proporcionarlle unha mellor experiencia sempre que visita o sitio web.

  2. Tipoloxía, finalidade e funcionamento

    As cookies, en función da súa permanencia, poden dividirse en cookies de sesión ou permanentes. As primeiras expiran cando a persoa usuaria pecha o navegador. As segundas expiran cando se cumpre o obxectivo para o que serven (por exemplo, para que a persoa usuaria se manteña identificada no sitio web) ou ben cando se borran manualmente.

    Adicionalmente, en función do seu obxectivo, as cookies utilizadas poden clasificarse da seguinte forma:

    • Estritamente necesarias (técnicas): son aquelas imprescindibles para o correcto funcionamento da páxina. Normalmente, xéranse cando a persoa usuaria accede ao sitio web ou inicia sesión nel e utilízanse para identificala no sitio web cos seguintes obxectivos:

      • Manter a persoa usuaria identificada de forma que, se abandona o sitio web, o navegador ou o dispositivo e noutro momento volve acceder a ese sitio web, seguirá identificado, facilitando así a súa navegación sen ter que volver a identificarse

      • Comprobar se a persoa usuaria está autorizada para acceder a certos servizos ou zonas do sitio web.

    • De rendimiento: utilízanse para mellorar a experiencia de navegación e optimizar o funcionamento do sitio web.

    • Analiticas: recompilan información sobre a experiencia de navegación da persoa usuaria no sitio web, normalmente de forma anónima, aínda que, en ocasións, tamén permiten identificar de maneira única e inequívoca a persoa usuaria co fin de obter informes sobre os seus intereses nos servizos que ofrece o sitio web.

    Para máis información, podes consultar a guía sobre o uso das cookies elaborada pola Axencia Española de Protección de Datos en https://www.aepd.es/sites/default/files/2020-07/guia-cookies.pdf

  3. 3. Cookies utilizadas neste sitio web

    A continuación, móstrase unha táboa coas cookies utilizadas neste sitio web, incorporando un criterio de “nivel de intrusividade” apoiado nunha escala do 1 ao 3, na que:

    Nivel 1: correspóndese con cookies estritamente necesarias para a prestación do propio servizo solicitado pola persoa usuaria.

    Nivel 2: correspóndese con cookies de rendemento (anónimas), necesarias para o mantemento de contidos e navegación, das que só é necesario informar sobre a súa existencia.

    Nivel 3: correspóndese con cookies xestionadas por terceiros que permiten o seguimento da persoa usuaria a través de webs das que o SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA non é titular. Pode corresponderse con cookies onde se identifica a persoa usuaria de xeito único e evidente.

    TABLA DE COOKIES UTILIZADAS
    CookieDuraciónTipoPropósitoIntrusividade
    PHPSESSID, SERVERID, Incap_ses_*_* y visid_incap_* Sesión Imprescindibles Manter a coherencia da navegación e optimizar o rendemento do sitio web 1
    config 1 ano Imprescindibles Gardar a configuración de cookies seleccionada pola persoa usuaria 2
    Google Analytics (_gat, _gid y _ga) 24 horas Analítica, de terceiros (Google) Permitir a medición e análise da navegación nas páxinas web 3
    Facebook (_fbp) 3 meses Terceiros (Facebook) Mostrar información incrustada da rede social Facebook 3
    Twitter (eu_cn, ct0, guest_id, personalization_id) Sesión Terceiros (Twitter) Mostrar información incrustada da rede social Twitter 3

    Desde as seguintes ligazóns podes consultar a política de cookies de terceiros: Política de cookies de Google, Política de cookies de Facebook, Política de cookies de Twiter

  4. Deshabilitar o uso de cookies

    A persoa usuaria, no momento de iniciar a navegación da web, configurou a preferencia de cookies.

    Se nun momento posterior desexa cambiala, pode facelo a través da configuración do navegador.

    Se a persoa usuaria así o desexa, é posible deixar de aceptar as cookies do navegador, ou deixar de aceptar as cookies dun servizo en particular.

    Todos os navegadores modernos permiten cambiar a configuración de cookies. Estes axustes encóntranse normalmente nas Opcións ou Preferencias do menú do navegador.

    A persoa usuaria poderá, en calquera momento, deshabilitar o uso de cookies neste sitio web utilizando o seu navegador. Hai que ter en conta que a configuración de cada navegador é diferente. Pode consultar o botón de axuda ou ben visitar as seguintes ligazóns de cada navegador onde lle indicará como facelo: Internet Explorer, FireFox, Chrome, Safari

    Tamén existen outras ferramentas de terceiros, dispoñibles en liña, que lle permiten á persoa usuaria xestionar as cookies.

  5. Que ocorre ao deshabilitar as cookies?

    Algunhas funcionalidades e servizos poden quedar deshabilitados, ter un funcionamento diferente ao esperado ou incluso que se degrade notablemente a experiencia de navegación da persoa usuaria.

  6. Actualización da política de cookies

    SINDICATO NACIONAL DE CCOO DE GALICIA pode modificar esta política de cookies en función de esixencias lexislativas, regulamentarias ou coa finalidade de adaptar a dita política ás instrucións ditadas pola Axencia Española de Protección de Datos, por iso se aconsella á persoa usuaria que a visite periodicamente.

    Cando se produzan cambios significativos nesta política de cookies, comunicarase a través da web.

Manifesto de CCOO polo Día Internacional das Persoas Maiores do 2021

    O 1 de outubro de 2021 conmemórase o 31 aniversario do Día Internacional das Persoas Maiores, instaurado pola Asemblea Xeral da ONU, na súa resolución 45/106. Para CCOO non é só un día de celebración, senón tamén de reivindicación e propostas que dean solución aos retos aos que afrontamos como colectivo.

    30/09/2021.

    URL | Código para insertar

    CCOO reclama tamén neste día a visibilidade e a necesidade de recoñecer as grandes achegas que das persoas maiores realizamos ao avance da nosa sociedade, así como a crear conciencia interxeracional sobre as diferentes oportunidades e desafíos do envellecemento activo.

    Os países en desenvolvemento albergarán máis de dous terzos da poboación de idade avanzada do mundo, que alcanzaremos a cifra de 1100 millóns de persoas maiores no 2050. Hoxe, no noso país, as persoas maiores de 65 anos son case o 20 % dos algo máis de 47,3 millóns de habitantes.

    O noso recordo inicial neste 1.º de Outubro é para os miles de persoas falecidas na pande­mia provocada pola covid-19, que asolou a nosa sociedade; tamén vai o noso abrazo solida­rio para as súas familias. Precisamente, foi esta grave crise sanitaria a que sinalou con maior claridade as luces e as sombras que presenta o noso estado de benestar. Dun lado, malia o innegable esforzo realizado por toda a sociedade e, especialmente, polos servizos públicos de saúde e de servizos sociais, temos que lamentar o elevado custo en vidas humanas re­xistrado, especialmente entre a poboación de maior idade, debido nuns casos á insuficiencia de recursos para atallar a crise sanitaria e, noutros, á ineficiencia e a falta de coordinación política. Desde aquí reclamamos que os procesos xudiciais abertos para esclarecer, en de­terminadas situacións, a responsabilidade do sucedido, e cantos outros precisen este tipo de actuación, se resolvan coa maior celeridade, e que sirvan para evitar situacións similares no futuro.

    Pero tamén debemos felicitarnos porque, noutras esferas, a pandemia serviu para visualizar a importancia dos servizos públicos en garantir o benestar de todas as persoas e o éxito compartido que supón que, como sociedade, foramos capaces de superar unha situación tan crítica. Debemos destacar o proceso mundial de vacinación, desenvolvido nun tempo récord. Un fito que non sería posible sen a existencia de Estados cunha conciencia social forte, como os que reclamamos este 1.º de outubro. 

    Neste contexto non podemos obviar, por tanto, os retos que aínda afronta o colectivo de persoas maiores e a urxente necesidade de resolver as numerosas lagoas que presenta o sistema de protección social.

    Na situación de crise sanitaria actual, a vida das persoas maiores e a calidade desta está condicionada, por un lado, a que se aseguren e fortalezan uns bos servizos públicos, capa­ces de manter as medidas de hixiene. Por outro, a que xeremos espazos de convivencia que primen as necesidades sociais en condicións de seguridade, como cidades máis peonís e ciclables ou redes de apoio á poboación vulnerable.

    As persoas maiores preferimos envellecer nas nosas casas, pero un dos principais proble­mas é a accesibilidade aos nosos propios fogares; en España hai arredor de cinco millóns de edificios sen ascensor, amais doutras barreiras arquitectónicas; polo cal, uns 1,8 millóns de persoas non teñen a posibilidade de saír da casa.

    Canto á atención a domicilio, hai que identificar as persoas con maiores necesidades de atención e priorizar os coidados considerados imprescindibles en cada caso, para así poder reorganizar os recursos. Ínstase a que sexan os e as asistentes sociais das respectivas con­sellerías de servizos sociais as que, no marco dunha adecuada coordinación sociosanitaria e baixo a dirección dos servizos públicos de saúde, avalíen as situacións persoais e sociais das persoas usuarias, e non as empresas que actualmente prestan estes servizos.

    O feito de que as persoas maiores sexan vulnerables non implica nin moito menos que perderan a saúde ou capacidades. Os homes e as mulleres que superan os 65 anos seguen tendo aínda expectativas de vivir décadas. Por iso, pública e colectivamente, debemos asu­mir o desafío de que as súas vidas sexan saudables e activas.

    Nese sentido, os sistemas públicos de saúde, dependencia e servizos sociais son elementos esenciais para lograr envellecer en condicións saudables e con autonomía. Ademais, son instrumentos para loitar contra a desigualdade en todas as etapas da vida, abordando as diferenzas territoriais así como a cobertura de servizos e recursos destinados ás persoas maiores.

    Hai que seguir garantindo o sistema público de pensións. O último acordo é moi impor­tante, pois elimínase o índice de revalorización das pensións (que limitaba as subas anuais ao 0,25 %), elimínase o factor de sostibilidade, o Estado asume as políticas de interese xeral (emprego, igualdade, apoio sectorial…) que se viñan financiando con cotizacións á Seguri­dade Social, e comprométese a garantir o sistema público de pensións, ao incluír na Lei xeral da Seguridade Social unha cláusula mediante a cal se transferirá anualmente, a través dos OXE, unha cifra que no 2021 suporía arredor dun 2 % do PIB: 22 000 millóns de eu­ros. Isto representa unha gran mellora nos ingresos do sistema e, polo tanto, da sostibili­dade das pensións. Pero hai unha segunda fase que se negociará no outono e estaremos moi atentos para que se peche cun acordo.

    A desigualdade laboral plásmase claramente na fenda existente nas pensións. Tanto o tipo de pensión como as súas contías sitúan as mulleres nunha posición visiblemente peor ca a dos homes. Xa desde antes da crise, as condicións laborais e os distintos niveis de corres­ponsabilidade social repercuten na contía das futuras pensións e manteñen a desigualdade no acceso a elas e na súa determinación. As políticas para evitar e atacar as consecuencias da crise económica e de coidados nas condicións de traballo, renda e vida das mulleres deben ter un papel protagonista na eliminación da fenda existente.

    Por todo o anterior, reclamamos que a axenda política do noso país recupere o impulso dunha Lei integral dos dereitos das persoas maiores.

    Esta norma debe garantir unha protección específica aos maiores e ter en conta os ámbi­tos da saúde, a vivenda, a protección social e económica, a protección xurídica, a cultura ou o ocio. Tamén a non discriminación por razón de idade e garantir a visibilidade e parti­cipación activa dos maiores en todos os ámbitos da sociedade. En definitiva, unha norma que protexa e impulse a idea do envellecemento activo como un logro obtido polos avan­ces científicos e técnicos do coñecemento humano e, á vez, como un reto para conseguir que durante o tempo que se prolongue a vida se garanta a súa mellor calidade.

    Por todo iso hoxe, día 1 de outubro, a Federacións de Pensionistas e Xubilados de CCOO reclama:

    1) O desenvolvemento e implantación de políticas públicas en materia de promoción de saúde é imprescindible para garantir o envellecemento activo, xa que afecta de forma directa á deterioración da saúde e as capacidades autónomas das persoas maiores. Faise cada día máis imprescindible que o gasto sanitario público alcance, ao menos, o 7,2 % do PIB, algo que levamos anos reivindicando. Ese incremento no financiamento debe acompañarse do incremento do gasto en atención primaria ata o 25 % do total do gasto sanitario, para conseguir acercar á poboación os ser­vizos sanitarios e dar máis capacidade resolutiva á atención primaria.

    En Galicia, cómpre restituír a atención primaria á situación prepandemia: recuperar accesibilidade e presencialidade, restablecer as capacidades, paralizar o peche de centros de saúde e reabrir os pechados en horarios de mañá e tarde. A mellora da atención primaria depende de que se incorporen novas categorías profesionais para liberar a medicina de familia (logopedia, podoloxía, nutrición, xeriatría, etc.) e de que se impulse a promoción, prevención, rehabilitación e actividades comunitarias dirixidas a actuar sobre os determinantes da saúde.

    2) Seguir protexendo as persoas maiores da covid-19. Hai que considerar tres situa­cións: persoas maiores autónomas, persoas que requiren axuda a domicilio e per­soas residentes en centros de maiores. O primeiro dos casos require illamento e prevención primaria, pero os outros dous precisan dunha aposta polo establece­mento de criterios comúns en todo o territorio español, amparando os dereitos de atención á dependencia e a saúde pública, con cooperación interadministrativa, e criterios claros de actuación que deberán aplicar as administracións competentes.

    3) Aumentar a capacidade de resposta do sistema de atención á dependencia ante a crise sanitaria, pois resultou manifestamente débil. Desde o 2012, o desenvolve­mento do sistema foise asentando sobre unha fraxilidade que se fixo patente os últimos anos. Potenciar o sistema sobre o eixe crucial da calidade é clave para afrontar os retos demográficos que están por vir. Hai que insistir na relevancia de reorganizar os centros de atención ás persoas dependentes adecuando os seus re­cursos e espazos en función do grao de dependencia.

    4) Garantir pensións dignas e suficientes, tanto para nós como para os futuros pen­sionistas. Mostramos neste sentido o noso apoio ao proceso de diálogo social que as organizacións sindicais veñen impulsando desde hai décadas e que se demos­trou como o método máis eficaz para garantir pensións dignas, suficientes e sosti­bles. Ese proceso permitiu recuperar a revalorización das pensións ligadas ao IPC, garantindo o poder adquisitivo de todos os pensionistas; e agora debe culminarse nunha segunda fase na que se revisen as contías das pensións mínimas e as non contributivas, elevándoas ata un nivel suficiente e digno.

    5) Os partidos políticos han ter en conta que o colectivo de persoas maiores é moi vulnerable a políticas de recortes en calquera materia (sanidade, vivenda, pen­sións…). Máxime cando, en demasiadas ocasións, son as persoas maiores as que se ven obrigadas a asumir o papel de sustentadoras principais dos seus fillos e ne­tos; non é anecdótico que as pensións supoñen a principal fonte de ingresos de máis do 25 % dos fogares.

    6) Erradicar a pobreza enerxética, pois o prezo da luz é desorbitado. Deberían implantarse medidas específicas para a poboación máis vulnerable, como, entre outras, desenvolver programas para a poboación que, por encontrarse en situación de pobreza enerxética, non pode acometer ningunha medida de eficiencia enerxé­tica e necesita que as Administracións públicas (Goberno central, gobernos auto­nómicos e municipais) financien esas actuacións; ampliar e reforzar o bono social para as persoas vulnerables; estender o prazo de moratoria aos cortes de luz para a poboación vulnerable; ou aplicar unha tarifa máis baixa para un consumo mínimo vital nos primeiros kWh consumidos.

    7) Erradicar os desafiuzamentos. Cada día, unha persoa maior é despoxada da súa vi­venda; sofren desafiuzamentos por contías mínimas. É obrigado deseñar políticas públicas que acaben de vez con estas situacións, buscando inicialmente solucións habitacionais ás familias, ata terminar modificando a lexislación vixente.

    8) Apoiar a España baleirada. Se alguén sofre os efectos da falta de servizos, o empo­brecemento e o abandono institucional na España baleirada, son os que maiorita­riamente a habitan: as persoas maiores. Urxe facer políticas que a saquen do esque­cemento, cómpre un debate nacional sobre a España que queremos e como a queremos estruturar.

    9)  Poñer as medidas necesarias para evitar a exclusión financeira derivada tanto da dixitalización e as dificultades para o uso das tecnoloxías coma do peche de oficinas que obriga a moitas persoas maiores a desprazarse a outras localidades para acceder servizos bancarios.

    10)  Desenvolver definitivamente o Plan Nacional sobre Envellecemento Activo, paralizado desde o ano 2018.

    11) Existe marxe fiscal para garantir o financiamento destas medidas; debemos impul­sar unha reforma fiscal xusta e suficiente, que nos aproxime á achega fiscal media dos países europeos do noso contorno.