Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Setembro 2023.

20/09/2023
Sede Autoridade Portuaria de Vigo

Acada unha maioría absoluta no comité de empresa ao obter cinco representantes dun total de nove.

18/07/2023
EESS empresa: Tableros Hispanos LUGO

Consegue máis do 91,67% dos votos e faise coa totalidade do Comité de 9 delegados e delegadas.

07/07/2023
Sede Concello de Poio

Por primeira vez, CCOO obtén delegados/as no Concello de Poio e queda a catro votos de gañar as eleccións sindicais.

30/06/2023
Parabéns a todas e a todos polo bo traballo sindical!

Os resultados referendan o labor do sindicato nos últimos catro anos e a capacidade de sumar forzas.

28/06/2023
EESS Concello de Sanxenxo

Aumenta en dous delegados/as máis a súa representación no Concello de Sanxenxo e afianza o primeiro posto entre o persoal funcionario e laboral. 

26/05/2023
Grazas persoal da Deputación Pontevedra

O persoal funcionario da Deputación non lle deu as costas a CCOO , malia o traballo moi activo desenvolvido polo partido maioritario do Goberno provincial a favor da UGT.

11/05/2023

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO informa da vitoria nas eleccións sindicais do Concello de Padrón, onde pasou de tres representantes a catro, mentres que a CIG diminuíu de tres a dous.

11/05/2023
CCOO, primeira forza sindical no Sistema Universitario Galego

A falta de coñecerse os resultados definitivos, CCOO-Ensino mellora resultados nas eleccións sindicais das tres universidades galegas e reafírmase como primeira forza no Sistema Universitario Galego.

05/05/2023
Sede de Conservas del Noroeste S.A.

O laudo arbitral foi recorrido pola candidatura independente, coa colaboración da empresa, ante o Xulgado do Social

18/04/2023
CCOO gaña as eleccións sindicais no Concello de Melide

A Federación de Servizos á Cidadanía de CCOO informa da vitoria nas eleccións sindicais do Concello de Melide, onde Comisións conseguiu todo o comité de empresa.