Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 27 Febreiro 2024.

SAÚDE LABORAL

ACTIVIDADES DO PROGRAMA AT2018-0039

 

NORMATIVA EN PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS

O Sindicato nacional de CCOO de Galicia, co financiamento da Fundación Estatal para a Prevención de Riscos Laborais (FEPRL), co código de acción AT2018-0039 e denominada «Gabinete de asistencia e asesoramento técnico, difusión e información en prevención de riscos laborais», desenvolve os seguintes proxectos cun período de execución do 1 de xaneiro ao 31 de decembro de 2019:

  1. PROXECTO DE ASISTENCIA TÉCNICA (Galicia)

    • Asesoramento

    • Enquisa de satisfacción relacionada coa asistencia técnica

  2. PROXECTO DE INFORMACIÓN E PROMOCIÓN DO CUMPRIMENTO DA NORMATIVA (Asturias)

    • Xornada de sensibilización «Prevención de riscos psicosociais»

    • Enquisa de satisfacción relacionada coa xornada

 

OBXECTIVOS XERAIS DOS PROXECTOS:

  • Fomento e desenvolvemento dunha cultura preventiva que permita a implantación da prevención de riscos laborais dun xeito eficaz e eficiente.

  • Impulso da regulación en materia de prevención de riscos laborais no marco da negociación colectiva de ámbito supra autonómico ou estatal, conforme ao disposto no Título III do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores.

  • Mellora das condicións de seguridade e saúde no traballo.

  • Xeración e desenvolvemento de ferramentas, referencias e recursos transversais como apoio da actividade preventiva.

 

Atendémoste en

FERROL

Enderezo: Rúa María, n.º 42-44Persoa de contacto: Susana Martínez SandeHorario de inverno: luns a xoves, de 9:30 a 14 e de 16:30 a 20 horas; venres, de 9:00 a 14:30 horasHorario de verán (15 de xuño-15 de setembro): luns a venres, de 9 a 14:30 horasTeléfono: 981 369 300Fax: 981 350 353Correo electrónico: gsl-ferrol@galicia.ccoo.es


SANTIAGO DE COMPOSTELA

Enderezo: Rúa Miguel Ferro Caaveiro, n.º 8Persoa de contacto: Manuela Caneda CabreraHorario de inverno: luns a xoves, de 9 a 14:30 e de 16 a 19 horas; venres, de 9 a 14:30 horasHorario de verán (15 de xuño-15 de setembro): luns a venres, de 8 a 15 horasTeléfono: 981 551 800Fax: 981 551 801Correo electrónico: gsl-stgo@galicia.ccoo.es


VIGO

Enderezo: As Teixugueiras, 11 entreplanta (Navia)Persoa de contacto: Arsenio Rodríguez AlonsoHorario de inverno: luns a xoves, de 9 a 14 e de 16:30 a 19:30 horas; venres, de 9 a 14 horasHorario de verán (15 de xuño a 15 de setembro): luns a venres, de 9 a 14 horasTeléfono: 986 246 800Fax: 986 246 587Correo electrónico: gsl-vigo@galicia.ccoo.es

 

En que podemos axudarte?

  • Revisamos a avaliación de riscos laborais e a planificación da prevención.

  • Asesorámoste en problemas coa túa mutua.

  • Analizamos os datos da vixilancia da saúde.

  • Revisamos os plans de emerxencia.

  • Asesorámoste en asuntos concretos como residuos, ruído, produtos químicos e outros.

  • Orientámoste no deseño dos postos de traballo.

  • Asesorámoste en caso de accidentes de traballo, enfermidades profesionais e outros danos derivados do traballo.

  • Vixiamos o cumprimento da Lei.

  • Atendemos colectivos especialmente sensibles.

  • Como podemos axudarte?

 

Visitando a túa empresa

  • Dándoche apoio técnico nas reunións coa empresa, co Servizo de Prevención ou co Comité de Seguridade e Saúde.

  • Redactando informes.

  • Facilitándoche documentación.

  • Elaborando o material que precises.

  • Elaborando estudos específicos.

  • Facilitándoche a información.

  • Acompañándote á Inspección.

  • Remitindo os casos aos organismos que corresponda.