Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 15 Outubro 2026.

17 de outubro - Día Internacional de Acción pola Despatoloxización Trans

    Con motivo do 17 de outubro, Día Internacional de Acción pola Despatoloxización Trans, CCOO reafirma o seu compromiso coa igualdade de trato e co dereito das persoas trans a non sufrir discriminacións.

    15/10/2026.
    17 de outubro - Día Internacional de Acción pola Despatoloxización Trans

    17 de outubro - Día Internacional de Acción pola Despatoloxización Trans

    O sindicato defende o acceso e a permanencia no emprego sen prexuízos, o recoñecemento do nome sentido nos documentos oficiais e o acceso aos tratamentos hormonais e cirúrxicos na sanidade pública para quen así o desexe.

    CCOO Galicia aposta por unha sociedade inclusiva, libre de violencias e igualitaria, e traballa a través da negociación colectiva para incorporar medidas concretas que garantan espazos laborais seguros para as persoas trans e, en xeral, para o colectivo LGTBIQA+.

    Máis información no documento anexo a esta nota.