Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 17 Maio 2025.

Celia Iglesias é elixida nova secretaria xeral da Unión Comarcal de CCOO de Arousa

    O Congreso comarcal de CCOO de Arousa elixiu como nova secretaria xeral a Celia Iglesias, presidenta da xunta de persoal do Hospital do Salnés. A nova responsable foi apoiada co 97,56% dos votos emitidos no conclave.

    27/03/2017.

    Canda Celia Iglesias formarán parte da nova Executiva comarcal Ricardo Álvarez Otero, Susana Casal Martínez, Pablo Prol Naveiro, Rita M.ª Lucio Ferro, Ángel Ojea Araújo, M.ª Edelmira Gallego Suárez e Antonio Pérez Soutullo. A votación para este órgano tamén foi amplamente apoiada, neste caso por un 95,652%.

    + Máis información sobre os procesos congresuais de CCOO premendo aquí