Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia | 2 Maio 2025.

28 de abril - Día Internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo

25N: Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres

    CCOO E UGT REAFIRMAN A SÚA TOTAL CONDENA DAS VIOLENCIAS MACHISTAS

    20/11/2019.

    As confederacións sindicais de Comisións Obreiras e da Unión Xeral de Traballadores queremos facer un chamamento este 25N de 2019 ás traballadoras e os traballadores e á cidadanía en xeral, para que se sumen á denuncia e repulsa da violencia machista nas súas múltiples expresións. Unhas violencias contra as mulleres perpetradas por aqueles que queren impedir e/ou menoscabar o dereito fundamental á igualdade entre mulleres e homes, que supoñen a máis extrema manifestación de desigualdade e discriminación ás mulleres e que, sobre todo, constitúen unha violación dos seus dereitos humanos fundamentais, como son o dereito a unha vida segura, digna, autónoma, cuestionando os dereitos e liberdades de todas as mulleres e desposuíndo do dereito á vida a miles delas.

    CCOO e UGT denunciamos o estancamento e incluso a regresión da idea ou o concepto da violencia contra as mulleres, negacionismo alentado desde as comunidades autónomas gobernadas polo Partido Popular e os seus socios indispensables VOX e Ciudadanos. Non se trata de accións esporádicas ou de comentarios de persoas desinformadas. Son actuacións calculadas, estratéxicas e manipuladoras para impedir que a maior parte da poboación, as mulleres, gocen dos mesmos dereitos ca os homes.

    UGT e CCOO consideramos moi alarmantes as incesantes cifras de asasinatos, o alto número de denuncias por violencia de xénero, así como o aumento exponencial das denuncias por abusos, agresións sexuais e violacións.

    [Continua a ler o manifesto conxunto]


    MOBILIZACIÓNS 25N
    Indicamos a seguir as convocatorias unitarias do movemento feminista galego. Actualizaremos a listaxe en canto tivermos confirmadas novas accións.

    Nas cidades
    ? A Coruña: 20.00. Concentración. Obelisco
    ? Ferrrol: 19.00, Cantón de Molíns
    ? Santiago de Compostela: 20.00. Manifestación con saída na praza 8 de Marzo
    ? Lugo: 20.00, diante do Concello
    ? Ourense: 20.00. Concentración. Subdelegación do Goberno
    ? Pontevedra: 20.00, praza da Peregrina
    ? Vigo: 20.00. Manifestación. Saída da Vía Norte con Urzáiz e remate na Porta do Sol

    Nas principais vilas galegas
    ? A Estrada: 20.30, diante do Concello
    ? A Gudiña: 20.00, diante da Casa do Concello
    ? Ames: 18.00 diante da praza do Concello (Bertamiráns)
    ? As pontes: 20.30, praza do Hospital
    ? Betanzos: 20.00, palco da música
    ? Cambados: 19.30, manifestación con saída da praza do Concello
    ? Carnota: 20.00, praza da Pedra
    ? Cee: 20.30, praza 8 de Marzo
    ? Celanova: 20.00, praza Maior
    ? Marín: 20.30, praza 8 de Marzo
    ? Melide: 20.00, praza do Convento
    ? Miño: 19.00, praza do Parchís
    ? Monforte de Lemos: 20.30, praza de España
    ? Nigrán: 20.00, cruce da Ramallosa
    ? Padrón: 20.00, rúa Rosalía de Castro
    ? Rianxo: 20.00, praza de Castelao
    ? Ribeira: 20.00, praza do Cocnello
    ? Sarria: 20.00, praza da Vila
    ? Verín: 20.30, praza do Concello